EconomíaInfraestruturasTransparencia

O PP di que a incompetencia de Méndez provoca que a concesionaria da fábrica da luz demande no xulgado unha indemnización de case 2,9M€

By 29 Xaneiro, 2019Sin comentarios

O voceiro popular Antonio Ameijide asegura que “os graves incumprimentos nos que incurriron os socialistas nos últimos anos, e que imposibilitaron que a concesionaria da fábrica da luz puidera explotala, pase outra factura millonaria aos lucenses deixándonos unha nova hipoteca socialista aos veciños de Lugo”

O voceiro do Grupo Popular manifestou a súa preocupación pola nova indemnización que previsiblemente poderíamos ter que pagar os cidadáns de Lugo a conta da fábrica da luz como consecuencia da “neglixencia e do bloqueo no que está instalado o goberno socialista. Antonio Ameijide valoraba deste xeito a reclamación de 2. 840.858,15€, máis intereses e costas do proceso xudicial que figura na demanda que presentou a empresa concesionaria da fábrica da luz. No documento, avalado por  informes periciais de reputados economistas e enxeñeiros de camiños se reclama a resolución do contrato alegando incumprimentos e erros cometidos por parte do goberno local.

A demanda que Inca presentou o pasado 14 de xaneiro foi admitida a trámite no xulgado nº1 do contencioso administrativoa o pasado luns 21 de xaneiro marcando un prazo de 20 días para que responda o goberno local. Hai que ter en conta que a empresa presentou no concello, o 3 de agosto de 2017, a solicitude de resolución de contrato obtendo a calada por resposta, tras case dous anos sen resposta víronse obrigados a acudir ao xulgado.

Antonio Ameijide sinalou que entre as razóns polas que a empresa adxudicataria xustifica a resolución do contrato figura “a solicitude extemporánea de prórroga do prazo de excución de obras, así como, o retraso na autorización do inicio das obras e no nomeamento do director das mesmas. Inca solicita en máis de tres ocasións ao concello de Lugo que como promotor requerise a axilización de trámites”. Tamén se cita como incumprimentos “a indisponibilidade do edificio que impide executar traballos de musealización e explotación da central eléctrica, ou ben, os retrasos na solicitude de prórroga como titular da concesión de augas para a execución da ataguía”.

Na demanda en curso, INCA tamén  apunta como responsable desta situación ao concelleiro  Daniel Piñeiro alegando que retrasou numerosos trámites, entre eles, a prórroga das obras da ataguía. Ambos feitos foron denunciados en reiteradas ocasións dende o PP, de feito, desvelamos que “o edil socialista tivo mes e medio sobre a mesa, sen firmar, a solicitude da prórroga de concesión e cando tivo a ben asinala xa estaba fóra de prazo provocando que se iniciase o expediente de caducidade desta concesión hidráulica do concello de Lugo”.

A empresa tamén adxunta probas da vinculación do concelleiro co grupo ecoloxista ADEGA que paralizou, dende o primeiro momento este proxecto, varias veces as obras un motivo polo que, por ética, debería haber estado ao marxe deste procemento. Non se entende como Méndez o puxo ao fronte deste proxecto sabendo esta incompatibilidade, agora esa falta de neutralidade pode terse en conta neste procedemento xudicial.

Ameijide matizou que “as irregularidades durante estes 8 anos de concesión supoñen poñer en risco a pérdida da concesión do uso de augas, sobre a mesa tamén está o caso abierto polo Tribunal Supremo contra o proxecto de obra aprobado pola xunta local; e por último este novo mazazo xudicial a conta da demanda da empresa que solicita a resolución do contrato e unha indemnización de case tres millóns de euros.

En conclusión, os socialistas optaron por hipotecar este edificio “primeiro, regalan o inmoble por un canon ridículo de 450€ mes durante 38 años; en segundo lugar, dúas décadas despois de que se rehabilitase este edificio os lucenses seguimos sen poder usalo e disfrutalo e, en terceiro lugar, a incompetencia da alcaldesa vailles servir en bandexa á empresa o negocio perfecto de gañar cartos sen rematar a obra”.  En resumo, en vez de buscar alternativas para que todos os lucenses poidamos disfrutar destas instalacións privilexiadas ao pé do Miño nos vemos enredados en demandas xudiciais que poderían supor o pago de indemnizacións de preto de tres millóns de euros.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies