ComisaríaInfraestruturasPolicia

O PP di que a información ofrecida por Alvarellos, xunto coa falta dun expediente en Patrimonio da Comisaría da Policía confirma que a parcela non é a idónea para esta dotación

By 14 Outubro, 2024Sin comentarios

Tras oito meses de promesas da alcaldesa “o proxecto desta dotación segue bloqueado: nin se fixo a cesión, nin hai expediente oficial”

Estamos preocupados polas últimas informacións que trasladou a alcaldesa de Lugo sobre as parcelas que vai ceder o concello para facer a nova comisaría da policía nacional no barrio de Abella.

 

Das súas últimas declaracións, sen documentos que a respalden, podemos afirmar que o espazo que propón a alcaldesa non é o idóneo xa que é practicamente idéntico ao do edificio de obras públicas da Ronda, que o Ministerio rexeitou porque non cumpría cos requisitos indicando que resultaba insuficiente o espazo

 

Agora presenta como novidade incorporar unha pequena parcela de 80m2 á finca principal de 2.111m2, pero a edificabilidade segue a ser insuficiente.

 

Os populares tamén expresaron a súa alarma logo de confirmar que non existe ningún expediente oficial no departamento de Patrimonio.

 

Toda esta información trasladámoslla aos  representantes dos sindicatos policiais SUP, JUPOL, UFP, CEP e EYA nunha reunión na que tamén lles presentamos a petición de pleno extraordinario que vimos de rexistrar para impulsar a cesión, por parte do Concello, dos terreos necesarios para a construción desta dotación.

 

A popular manifestou que cada vez que o Partido Popular move ficha, dende o goberno local buscan contrarrestar con titulares. “Retorcen a realidade para dar unha mensaxe de tranquilidade que non é real xa que a única verdade é que o proxecto segue bloqueado oito meses despois de que a alcaldesa dixera que se faría a cesión inminente, e seguimos practicmente no mesmo punto”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies