- Facéndose eco do malestar que hai no tecido social pola demora nos pagos das axudas municipais, tanto de concorrencia competitiva como nominativa, o Partido Popular presentará ao vindeiro pleno unha iniciativa co ánimo de mudar esta situación
- A proposición que se debatirá no pleno deste mes contempla os seguintes puntos:
- Actualización do importe das subvencións municipais nominativas que perciben as entidades sociais
- Axilizar a tramitación dos convenios garantindo sempre a transparencia
- Promover rebaixas fiscais para as entidades con proxectos de carácter social
RETRASO NOS PAGOS
- Os populares explican que “a falta de xestión do bipartito” queda en evidencia cando nos referimos ao pagamento das axudas municipais a entidades sociais desvelando que “a día de hoxe hai entidades que agardan a que se lles ingrese a subvención municipal concedida e debidamente justificada en 2022”.
- Por último, os populares solicitan ao bipartito que predique co exemplo xa que “ao igual que o concello exise o cumprimento en prazo de pagos de impostos tería que aplicarse o conto a súa xestión diaria xa que estamos a falar de calidade de vida de colectivos con dificultades”.
- Nese senso explican que seguimos vendo que a mala planificación deste bigoberno repercute nas asociacións que se están vendo obrigadas a realizar un esforzo inversor extraordinario para poder facer fronte aos gastos de funcionamento das súas asociaicións recriminando que “é inconcebible que presuman de liquidez e logo non sexan quen de pagar en tempo e forma”