Persoal

O PP di que a sentenza pola cobertura irregular do chofer de Lara Méndez certifica a política clientelar de PSOE e BNG

By 9 Abril, 2021No Comments

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide pide ao bipartito “que poña coto ás cacicadas e dedazos do persoal” logo de coñecerse que a cobertura da praza do xefe do parque móbil se fixo de forma directa e que segundo a sentenza “sen permitir que outros funcionarios igual ou mellor preparados puideran optar a ela”

Para os populares o novo varapau xudicial que se vén de coñecer “certifica a política de persoal clientelar de socialistas e nacionalistas e pón en dúbida á rigurosidade coa que se está xestionando a área de persoal”.

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide explica que o fallo da sentenza que se vén de coñecer é moi claro cando asegura que “non se cumpren os requistos de urxencia, inaplazable necesidade e excepcionalidade que xustifiquen a cobertura do posto en comisión de servizos pola xubilación do anterior titular porque era un feito previsible”. Asemesmo se conclúe que a cobertura da praza “foi concedida de forma directa sen permitir que outros funcionarios igual ou mellor preparados puideran optar a ela”.

O chofer da alcaldesa  estivo 2 anos e 2 meses ocupando este posto ata o 21 de xaneiro de 2021, a sentenza anula o acto administrativo polo que se efectuou esta cobertura de praza e ao Concello a pagar as costas xudiciais.

Diante desta situación o PP reclama que se saque a praza definitiva para cubrir a vacante do xefe do parque móbil “queremos que se abra un proceso transparente e que se dea publicidade para evitar que se volva a cubrir a vacante a dedo”.

Ameijide reflexionaba que “os tempos novos que intenta vender a responsable de gobernanza non concordan coas últimas sentenzas que se veñen de coñecer”. Os populares refírense  a outros fallos desfavorables para Méndez e Arroxo “como o que revocaba a decisión que tomou a alcaldesa de cesar á xefa de persoal a quen culpaba de todas as irregularidades de 20 anos de gobernos socialistas”. “Parece que nin coa nova RPT se rematan as tácticas de enchufismo de socialistas e nacionalistas no concello de Lugo”, concluía o popular “iso por non falar do malestar polo nomeamento do xefe de urbanismo e arquitectura que rematou coa dimisión do concelleiro de urbanismo”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies