Os populares lamentan que “un certame que xa estaba consolidado con actuacións internacionais de tirón de taquilla se convertese nun sucedáneo do LugoMáxico de sempre”
O PP lamenta que o BNG en vez de manter o nivel que alcanzou o LugoMáxico recortara, por capricho, o número de días e rebaixara as expectativas do público prescindindo de contratar a actuacións de taquilla. “Pasamos de seis a tres días a duración do festival de maxia e suprimiron a habitual gala que se viña celebrando no Gustavo Freire coa escusa de que todo debe ser de balde”.
Os populares recriminan que “o modelo BNG de festas, festivais está desvirtuando e acabando con citas que Lugo xa tiña consolidadas cambiando o que xa tíñamos, por un sucedáneo”.
O BNG xustificou o cambio da organización para conseguir chegar a máis público e dende o PP cren que “esta só foi unha xustificación para saír ao paso das críticas por retirar a organización do certame ao anterior promotor”
Os populares tamén anuncian que farán un seguimento das contratacións deste evento xa que se detectaron irregularidades como a concesión a dedo da carpa da Horta do Seminario que xa estaba montada mentres que ainda estaba aberto o prazo para a súa adxudicación.