Cultura

O PP di que as pelexas do PSOE-BNG polo control da Escola de Música afectarán ao seu funcionamento

By 12 Xullo, 2022No Comments

A concelleira popular Beatriz Vázquez desvelou que hoxe acaba o prazo para presentarse ao concurso de dirección provisional da Banda, unha convocatoria impulsada polo PSOE, e que mañá expira o prazo para optar á dirección da Escola Municipal que depende do BNG.

O  Partido Popular  denuncia que, entre PSOE e BNG, hai un  boicot permanente e unha guerra aberta polo control da Escola de Música e , en cambio, a ningún dos dous partidos lles interesa impulsar a Banda Municipal.

A concelleira popular Beatriz Vázquez asegura que o bipartito “faise oposición entre eles mesmos” xa que “mentres o BNG, de quen depende tanto a Banda como a Escola, convoca as eleccións para montar una directiva propia deste último servizo, de forma  paralela o PSOE, que ten as competencias de persoal, saca a praza de Director da Banda que, asumiría a dobre función de dirixir esta agrupación e tamén controlaría a Escola de Música”.

A cuestión é que co bipartito de Lugo chegamos ao último ano deste mandato e observamos que “en vez de impulsar a Banda Municipal histórica que tiñamos en Lugo o único que lles preocupa é manter a máxima cota de poder na Escola de Música”.

Neste momento e dado que os nomeamentos provisionais de directores da Banda Municipal non coallaron, ao que hai que sumar outros problemas internos derivados da manipulación política dos partidos do bigoberno “estase a producir un desgaste e un desánimo por parte do persoal”. Dende o PP anuncian que presentarán preguntas en comisión para coñecer cales son os planes do bipartito para a Banda Municipal xa que na actualidade hai 15 músicos (2 en excedencia e 1 de baixa permanente) cando o mínimo sería contar con 45-50 integrantes. Os populares tamén queren saber quen  vai organizar a docencia do vindeiro curso académico da Escola de Música xa que dos horarios depende o número de alumnos que se poden matricular e neste curso quedaron lucenses en lista de espera.

Por último Vázquez lamenta que a Banda Municipal estea a vivir o seu peor momento dende a súa creación en 1879: “É triste que a banda máis antiga de Galicia que durante anos levou o nome de Lugo por toda Galicia estea agora en coma e sexan os lucenses os perxudicados”. A súa última actuación foi no ano 2017 daquela  o PSOE e o BNG se comprometeron a priorizar a Banda pero a realidade é que neste momento só hai 15 músicos, e que están sin director e en situación precaria.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies