Praia Fluvial

O PP di que con “Besteiro o único que se garantiza é que os lucenses seguiremos outro verán máis sen praia fluvial

By 11 Febreiro, 2024No Comments

– Os populares lembran como o candidato do PSOE foi quen estando de concelleiro en Lugo “prometeu, hai 15 anos, facer a praia fluvial nos
Robles un proxecto do desistiron os socialistas en 2016 cando non presentaron a documentación requirida pola CHMS

DOMINGO 11 DE FEBREIRO DE 2024

O PP replícalle ao PSOE que leva anos dicindo que ten na súa folla de ruta a creación da praia fluvial no Miño e que o seu discurso NON É CRIBLE lamentando que Lara Méndez convirta esta campaña “nun carrusel de mentiras para xustificar o seu inmovilismo neste e noutros temas”.

Os FEITOS da historia da praia fluvial son outros:

– En 2016 os socialistas renunciaron á ubicación proposta nos Robles tal e como se documenta no escrito da CHMS de 2016, onde a
Deputación, gobernada por PSOE e BNG, desistiu do proxecto e non presentou documentación requirida.

– A cambio de abandonar este proxecto buscan outra localización á altura da Tolda que hoxe volveron a defender en contra das dun
demoledor informe da UNESCO.

– Neste documento se ditamina que nin a localización nin o proxecto que presenta o goberno son idóneos ao suponer un lugar inseguro
para os bañistas debido ao pouco calado que hai, porque ocasiona un prexuizo para o medio ambiente e porque supón un perigo para as
outras declaracións Patrimonio da Humanidade

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies