Servizos sociais

O PP di que é unha vergoña que haxa retrasos de ata 60 días en dar citas coas traballadoras sociais nos centros de Lugo

By 12 Febreiro, 2024Sin comentarios

LUNS 12 DE FEBREIRO DE 2024

 

  • O concelleiro popular Gustavo Díaz denunciou que as citas dos usuarios están sufrindo demoras de ata 2 meses para facer a primeira chamada e valorar os casos.

 

  • Dende o PP levamos moito tempo reclamando que se cree un sistema áxil e efectivo para a substitución de profesionais e que as súas baixas laborais ou períodos vacacionais non causen saturación doutros compañeiros.

 

  • A maiores desta cuestión o popular lembrou que o posto da traballadora social “que realizaba un control previo para que as urxencias de servizos sociais se valoren, e que coordinaba as listas de espera e citas segundo as emerxencias dos casos non está cuberto, dende hai meses” aclarando que esta situación “obriga a asumir esta función a cada Centro Social, sobrecargándoos de traballo”

 

  • Díaz tamén insiste en “reforzar os servizos sociais con apoio técnico e administrativo” para desconxestionar, dunha vez por todas, as demoras na atención aos cidadáns para que poidan respostar ás novas esixencias sociais que están xordindo en base ás necesidades e demandas da sociedade.

 

  • “Neste momento os profesionais de Servizos Sociais están desbordados polas baixas sen cubrir dificultando a atención á veciñanza”

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies