EconomíaInfraestruturasTransparencia

O PP di que Méndez é cómplice ao permitir que unha empresa facture ata 1,7M € por colocar publicidade sen pagar en 80 marquesinas e mupis municipais

By 14 Xaneiro, 2019Sin comentarios

O voceiro popular Antonio Ameijide esixe coñecer os motivos polos que “a alcaldesa permite o uso de propiedades públicas para que se lucren empresas privadas sen que os lucenses obteñan beneficios a cambio” e asegura que “os casos que estamos destapando, semana tras semana, demostran que Lara Méndez é un perigo para o Concello e que perde diñeiro público a mans cheas”

190114_006

O voceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide destapou hoxe outro caso de xestión irregular por parte do goberno local en alusión ao contrato vencido, en setembro de 2016, da concesionaria que explota a publicidade en soportes exteriores propiedade municipal (carteleiras de cristal que están en medianas e paseos) e no que “os lucenses vemos como, durante estes dous últimos anos, unha empresa privada puido explotar e facturar ata 1,7M€ € sen pagar nin un só euro ao Concello e sen que esta actividade comercial supuxese ningún en beneficio para os lucenses”.

Para facer esta conta, o voceiro popular indicou que “contabilizamos a xestión dos 44 mupis que hai na actualidade nas rúas de Lugo, polas 120 semanas que levan nesta situación de ilegalidade, e tomando como base a tarifa oficial que ofertan en internet axencias publicitarias de 11.800 € semanais mailos gastos de impresión suporía uns beneficios á empresa de ata 1,7M€ de euros (en caso de que se fixesen campañas cunha cobertura ao 100% dos paneis).

O popular puxo de manifesto que o goberno socialista non pode alegar descoñecemento xa que tivo ,como mínimo, ata catro advertencias directas dos funcionarios”.

Ameijide pregúntase cales son os motivos polos que nestes últimos 28 meses non se sacou a concurso o contrato desta explotación agardando que “non dé a calada por resposta tal e como sucedeu co caso do aparcadoiro público que se explota sen que a firma pague o canon anual ao concello dende hai 8 anos”.

O voceiro popular denuncia que “esta empresa puido ter un trato preferente por parte do partido socialista” xa que “segundo entraron no goberno no ano1999, tardaron só uns meses en ampliar seis anos máis, pola porta de atrás este contrato, pasando dos dez anos previstos máis unha posible prórroga de tres anos, a 19 anos de contrato máis os dous anos de forma alegal”.

O voceiro popular indicou que as perdas “pola neglixente xestión de Méndez” son millonarias xa que ademais da merma de ingresos, a conta da entrega propiedades municipais para que se lucren empresas privadas, hai que sumar a redución de ingresos pola parálise motivada polo retraso das licenzas urbanísticas ou a neglixencia á hora de resolver os máis de 20 contratos caducados que temos na actualidade.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies