Obras

O PP di que mentres Arroxo pon a rúa Quiroga Ballesteros de exemplo de peonalización a alcaldesa deriva a circulación por ela

By 21 Xuño, 2024Sin comentarios
  • Ramón Cabarcos advirte que “os sobrecustes e os retrasos das obras os pagaremos os lucenses” indicando que “cando o tenente de alcaldesa dixo que ían aumentar os impostos xa sabía que non era para dárnos máis servizos á cidadanía senón para pagar os seus erros e a falta de planificación en proxectos como o da peonalización do casco histórico”

VENRES 21 DE XUÑO DE 2024

  • “As malas decisións que adoptou o goberno local de Lugo cos proxectos de peonalización Corazón Verde” custannos disgustos e cartos aos lucenses xa que “en proxectos como o de Santo Domingo é previsible que se incrementen as contías económica consecuencia dos continuos parches que se están producindo froito dunha falta de planificación”
  • É surrealista que o goberno local diga que modifica os planos desta praza de Santo Domingo buscando como excusa a resistencia do teito dos aparcadoiros (coches, camións… levaban 40 anos pasando por aquí). Está claro que utilizan este argumento para limitar o paso de vehículos, de máis de 3.500 quilos, en todo o recinto amurallado.
  • Ramón Cabarcos explica que outro aspecto que delata a chapuza destas obras ten que ver cos materiais que usan aclarando que “eliminaron e substituiron un groso firme de formigón por un estreito firme de granito que limita o futuro do tránsito rodado” afondando con que “a debilidade dos firmes executados constitúen unha grande dificultade para xestionar percorridos racionais e optimizados (e mesmo flexibles”
  • O concelleiro popular razoaba que “o goberno local di que fai as peonalizacións no centro para reducir o tráfico no casco histórico pero coa reforma que veñen de anunciar do proxecto de Santo Domingo ao final o que plantexan son: Itinerarios máis complexos e reconvertir as rúas peatonais, como Quiroga Ballesteros, en zonas de paso de vehículos
  • O edil do PP ve contradicións entre os socios de goberno: mentres Arroxo pón Quiroga Ballesteros como exemplo de peonalización a alcaldesa propón que os coches poidan circular por ela.
  • Por último o popular Ramón Carbarcos lembraba que “a habitabilidade e a economía deste barrio depende de que non se baleire de actividade e aos residentes e aos negocios que hai dentro de Murallas o goberno local non lle está a por as cousas doadas”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies