Os populares explican que PSOE e BNG tumbaron o 64% das 36 iniciativas que se debatiron en pleno lamentando “que en moitas delas pechábanse en banda, de forma sistemática, simplemente polo feito de que as ideas fosen de autoría do Partido Popular”
Os populares durante este primeiro ano de mandato levaron a cabo unha oposición responsable e un traballo constructivo para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas de Lugo. O voceiro popular cuantificaba o labor do equipo popular nas 354 iniciativas presentadas durante este primerio ano de mandato: 283 preguntas e 32 rogos en comisión; 36 iniciativas a pleno e 3 comparencias en pleno.
Ramón Carballo lamentou que o bigoberno “de forma sistemática” rexeitase o 64% das iniciativas plenarias co único argumento de que veñen da man do Partido Popular. “Non se entende, por exemplo, que se negasen a promover un programa de mobilización de terras municipais no rural, elaboración dunha planificación saudable das zonas verdes do concello; dar uso a edificios municipais abandonados así como a súa negativa a implentar algunha das iniciativas relativas á emerxencia sanitaria que vimos de sufrir”.
Con respecto ás comparecencias dende o PP forzouse a que a concelleira de gobernanza dese explicacións sobre as irregularidades en persoal; ou que a responsable de cultura aclaresa o caso dos problemas dos contidos dixitais nos museos municipais e, agora, está pendente de que o responsable de Medio Ambiente explique como se chegou á que teñamos que pagar unha indemnización de 2,4 M€ pola fábrica da luz.
Outra actitude reprochable de Méndez e Arroxo das 13 iniciativas aprobadas e salvo o acordo do pleno só se levou a cabo unha: a da historia social única. Carballo criticaba a falta de respecto institucional de PSOE e BNG por incumplir acordos tan necesarios para Lugo como establecer un sistema rotatorio gratuito; a creación de aparcamentos disuasorios no centro; sumarse ao Viogén; construción dun novo pavillón polideportivo; cesión de terreos para construción dun novo centro de saúde no Sagrado Corazón; avanzar no paseo interior da muralla; eliminar tapóns urbanístico; medidas esconómicas para persoas celíacas, entre outras.
O popular resumía este primeiro ano de mandato asegurando que “o bigoberno aplicou o rodillo nas iniciativas que o PP leva a pleno, houbo unha clara falta de respecto por parte do bigoberno porque incumpriu os escasos acordos de pleno aprobados. Carballo tamén destacou “a ansia dos dous alcaldes que ten Lugo por gañar protagonimo a costa de campañas persoais de autobombo así como a soberbia da alcaldesa e os cambios de criterio de Arroxo dende que pisa moqueta”.