Na comisión de urbanismo que se celebrou esta mañá o goberno local recoñeceu, a preguntas do PP, que “non saben que parcelas municipais limparon, nin as que faltan por limpar”
O PP acusa ao bigoberno de tomarse á lixeira o plan de limpeza da cidade para eliminar a maleza das fincas municipais. A esta conclusión chegan tralas contestacións ás preguntas formuladas hoxe en comisión nas que por un lado se confirma que “desbrozaron a práctica totalidade das parcelas” e, por outro, din que “para cuantificar as que faltan precisarían puntearlas nun listado”. En resumo, se están desbrozando en base a este listado como se entenden que non saiban as que quedan, eles mesmos contradícense”, reflexionaba Ameijide.
Por outra parte, o goberno local confirmou que en todo o mandato non houbo nin unha soa sanción, nin tampouco desbrozaron nin unha soa finca de forma subsidiaria”.
Ameijide explicaba que “ante o elevado risco de incendio, derivado da gran acumulación de maleza, o Concello de Lugo, podería en cumprimento da actualización da lexislación autonómica de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, realizar a execución subsidiaria de acordo co establecido no artigo 22 desta lei, sen prexuízo da instrución do correspondente expediente sancionador”.