Sen categoría

O PP di que o BNG “pide en Santiago o que paraliza en Lugo”

By 25 Outubro, 2024Sin comentarios

A concelleira e deputada do PP,  Cristina Sánz, saiu ao paso das declaracións do BNG desta mañá nas que criticou os orzamentos da Xunta no Concello de Lugo acusándoos de hipocresía política xa que “reclaman en Santiago o que paralizan aquí”

 

A edil do PP referíase aos atrancos á hora de conceder licenzas na tinería, ou ao feito de que soliciten máis vivendas cando o tenente de alcalde, dende a súa posición, xa  que forma parte do goberno de Lugo ainda non cedeu os terreos necesarios para que a Xunta constrúa as vivendas.

 

Outra cuestión que reflicte a súa falta de coherencia é o cambio de opinión sobre a Rolda Leste como se demostra con declaracións públicas de cargos do BNG que dixeron estar a favor desta infraestrutura, compartiron a súa necesidade e  reclamaron o seu remate unha e outra vez.

 

Por último, a popular recriminou á nacionalista Olaia Rodil que non aproveitase a súa visita de hoxe a Lugo para incluir na súa axenda reunións coas familias da gardería Gregorio Sánz, ou o profesorado da Escola e Música e da Banda.

 

A popular acusou ao BNG de hipocresía política “a señora Rodil presume de ser unha encarecida defensora dos servizos públicos pero se pón de perfil, en Lugo, en polémicas que afectan ao futuro da banda municipal ou da Escola de Música que está en mans dos nacionalistas” engadindo tamén “a falta de explicacións e a mala xestión dun conflicto laboral que provoca a incerteza de familias lucenses que dependen da gardería Gregorio Sanz”

 

 

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies