Sen categoría

O PP di que o cambio de ubicación que propón a alcaldesa para o Centro de Saúde do Sagrado Corazón demostra a súa falta de proxecto, a súa falta de palabra e que non se toma en serio gobernar

By 8 Outubro, 2024Sin comentarios
  • O vicevoceiro Ramón Cabarcos lembra que a alcaldesa ofreceu á Xunta os terreos do antigo colexio para facer esta infraestrutura, pero agora, sen dar explicacións, modifica a localización e propón outra con características moi distintas; que nin sequera é da súa propiedade e que está pendente de urbanizar”

 

  • Aseguran que o cambio  repentino de opinión da alcaldesa de Lugo sobre a futura ubicación desta infraestrutura pola que levan agardando dende o ano 2021 “contradí os compromisos adquiridos pola súa predecesora coa veciñanza do barrio”  engadindo que “as declaracións contra a Xunta son unha manobra para desviar á atención e culpar inxustamente a outra administración dun novo retraso na execución desta infraestrurura”

 

  • Cabarcos indicou que “este cambio de ubicación supón un desperdicio de recursos e tempo da Consellería que  traballou sobre unha idea concreta, proposta polo Concello de Lugo, e presentou un proxecto que foi ben recibido polos veciños xa que mantiña o centro de saúde  no corazón do barrio”.

 

  • O PP lembra que o proxecto para o novo centro de saúde no Sagrado Corazón é unha prioridade para a Xunta de Galicia, tal e como se comprometeu o Conselleiro de Sanidade en dúas cartas dirixidas á alcaldesa en novembro de 2021 e marzo de 2022, nas que se reafirmaba o compromiso da administración autonómica coa implantación do Plan de Infraestruturas Sanitarias.

 

  • Dende o Grupo Municipal conclúen que “é coñecida a falla de eficacia na xestión do Concello, con proxectos que se cambian sobre a marcha e sen ningunha planificación, pero non pode obrigar a outras administracións a facelo mesmo”.

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies