Infraestruturas

O PP di que o Centro Interxeracional da Piringalla está infrautilizado

By 9 Abril, 2024Sin comentarios
  • Gustavo Díaz considera “frustrante” que teñamos edificios sen uso algo que é xa unha marca de identidade deste goberno con outros exemplos como o Impulso Verde ou o novo Auditorio de Magoi

MARTES 9 DE ABRIL DE 2024

  • Logo de visitar o Centro Interxeracional Paco Martín, dende o PP demandamos un plan para maximizar o uso deste inmoble con diversas propostas como poderían ser a organización de eventos, obradoiros, actividades culturais educativas e recreativas que sexan atractivas para diferentes  grupos de persoas e idades
  • Os populares tamén suxiren establecer colaboración con diferentes colectivos involucrando á cidadanía para dar vida a este inmoble.
  • O Centro Paco Martín da Piringalla fíxose con fondos propios pero ninguén rendiu contas “a pesar dos sobrecustes (investiuse máis dun Millón de Euros) e dos prazos incumpridos”. Estamos falando dun edificio que é un exemplo indiscutible dunha xestión deficiente deste goberno local: houbo múltiples retrasos, un custe excesivo con cambios de contidos a golpe de eleccións.
  • Este proxecto naceu como Biblioteca e co compromiso de abrila en 2011; logo se anunciou que como Centro Interxeracional coa data de inauguración de A súa apertura chegou en 2022 dende aquela pasou ano e medio e esta dotación, enclavada na Piringalla, está totalmente infrautilizada.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies