Economía

O PP di que o Concello de Lugo non cobrará 1.286 recibos por un importe de 223.846,69€

By 10 Agosto, 2019Agosto 12th, 2019Sin comentarios

Dende o Grupo Municipal do Partido Popular lamentan que o goberno local non poña en marcha os mecanismos necesarios para frear esta corrente que se repite cada ano

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo puxo de manifesto que o Concello de Lugo non cobrará 223.846,69€, unha cifra procedente dos chamados créditos incobrables, unha cifra que corresponde unicamente aos meses que levamos de 2019.

Os populares explican que en total se trata de 1.286 recibos declarados incobrables de todo tipo, sendo os correspondentes a facturas de auga os máis numerosos, con 420 facturas. A continuación aparecen, a moi pouca distancia, o imposto de tracción dos vehículos, con 394 recibos sen pagar, ao que lle seguen as multas de tráfico, con 369 pendentes de cobro. Xa, a bastante distancia, hai 81 recibos do IBI sen cobrar.

Desde o Grupo Popular se destaca que, antes de que tesourería decrete que estes importes non se van cobrar, os contribuíntes xa recibiron diversos avisos primeiro, polo procedemento ordinario, e logo por vía executiva co recargo correspondente.

Neste senso, os populares denuncian que a xestión da recadación por parte do goberno socialista é un despropósito e que a nova concelleira de economía “debería tomar decisións e adoptar medidas máis contundentes para evitar que se consolide o problema dos recibos imposibles de cobrar”.

Ademais, dende o Grupo Municipal Popular se pregunta ao goberno local se pensan poñer en marcha algún tipo de medida que reduza o número de recibos que se converten en créditos incobrables, como podería ser dar máis facilidades no pago ou se teñen pensado tomar algún tipo de medidas no caso de que se detecten infractores reincidentes.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies