- Nas filas populares están preocupados logo da irresponsable reacción da alcaldesa que públicamente, no pleno de febreiro dixo textualmente que “a urxencia agora mesmo non lle hai ningunha” en relación á rehabilitación da Milagrosa e barrio Feijóo que está declarado como Entorno Residencial de Rehabilitación Programada e temen que ,non só estén en perigo as axudas desta zona, senón tamén as que hai concedidas para o recinto amurallado
MÉRCORES 13 DE MARZO DE 2024
- O popular critica a lentitude na xestión do goberno local das axudas para rehabilitar 57 inmobles no casco histórico de Lugo dentro do programa de axudas para os ERRP (Entorno Residenciais de Rehabiltación Programada) do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia que se anunciou en maio de 2023, coincidindo coa campaña das municipais
- Cabarcos explicou non hai nin convocatoria, nin bases que regulen as intervencións para rehabilitar vivendas no recinto amurallado e lembra que o remate do prazo para a adxudicación dos proxectos é o 31 de decembro de 2024, e que en xuño de 2026 conclúe o prazo para finalización das obras de rehabiltiación.
- O popular está preocupado pola falta de responsabilidade do goberno local que en vez de acelerar e impulsar esta tramitación se limita a dicir que “a urxencia agora mesmo non lle hai ningunha”
- Esta foi a resposta da alcaldesa no pleno á petición que lle fixemos para que apurase a delimitación da área a rehabilitar noutro barrio emblemático de Lugo como é o da Milagrosa xa que sen este trámite non se pode abrir a convocatoria de axudas para que a veciñanza opte a estas achegas”
- Cabarcos insistiu en que “o ano 2023 foi un ano perdido na recuperación das edificacións e zonas públicas tanto do casco histórico como nos barrios da Milagrosa e Barrio Feijóo” puntualizando que “é unha mágoa que socialistas e nacionalistas só se acorden da súa veciñanza en eleccións” lembrando como “en todas as campañas prometían rehabilitacións que nunca chegaron”
SEN ATENCIÓN PRESENCIAL E FALTA DE TRANSPARENCIA
- Os populares continúan reclamando que se recupere a atención presencial no servizo de urbanismo.
- Tamén cuestionan a falta de transparencia á hora de fiscalizar o traballo do goberno xa que co novo Director Xeral de Urbanismo, que nos custa 74.000 € anuais, limita o acceso aos expedientes de licencias resoltos porque é unha das súas competencias, polo que xa non van á xunta de goberno.