Cultura

O PP di que o MIHL é un saco sen fondo “estamos pagando 300€ diarios ao persoal para recibir a 14 visitantes ao día”

By 21 Maio, 2020Sin comentarios

Na comisión de cultura a concelleira popular Beatriz Vázquez presentou unha batería de preguntas sobre a situación dos museos facendo fincapé no edificio interactivo da Historia de Lugo “o máximo exemplo do fracaso da xestión cultural en Lugo”

O Partido Popular acusa ao BNG de seguir a mesma liña de improvisación e de malgasto que mantivo o PSOE coa xestión do Museo Interactivo da Historia de Lugo. Así o manifestaba a concelleira popular Beatriz Vázquez logo de que a responsable nacionalista de cultura Maite Ferreiro lle confirmase, nunha comisión informativa,  que carece “dun mínimo plan económico sobre os custes que supón manter aberto este Museo Interactivo”. “O único dato que facilitou a edil nacionalista foron os 107.164 € que pagamos ao ano ao persoal para manter aberto o museo” aclarou. “Se tomamos como base que en 2019 o MIHL tivo 5070 visitantes, a conta que nos sae é que pagamos 300 € diarios (só de persoal) para que 14 persoas poidan acceder a este edificio”, explicou a edil popular.

A popular recrimina que o BNG, que presume de ser o gran defensor da cultura, non teña reparos en malgastar cartos de todos os lucenses nun edificio infrautilizado e en decadencia “debido a súa mala xestión” xa que “dende 2015 perdeu 3.600 visitantes, pasou dos 8.654 aos 5.070”.

Por último, a popular tamén cuestionou que a programación cultural que se está implementando non se visibilice na páxina institucional do concello xa que “non todos os veciños e veciñas de Lugo teñen facebook ou instagran polo que se limita o acceso aos contidos que se están creando durante o estado de alarma”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies