Os populares, coincidindo co día no que se cumpren 23 meses dende que a alcaldesa recibiu as chaves do edificio e polo tanto é propietaria do inmoble, volveron hoxe a poñer en evidencia a situación de abandono na que se encontra o edificio que leva “case dous anos rodeado de maleza coma se fose un descampado”
Os populares protagonizaron hoxe un novo acto reinvidicativo para “sacarlle as cores á alcaldesa de Lugo e ao seu vicealcalde” e recordarlles que o 23 de xuño de 2020, hai xusto hoxe un ano e 11 meses, recibiron as chaves do novo auditorio de Magoi “un edificio vangardista no que a Xunta investiu 25M€ e que, pola súa incapacidade ou pola súa falta de interese segue hoxe pechado”.
Os populares lamentan que “unha vez máis a novidade sexa que non hai novidades para axilizar a posta en marcha desta infraestructura”. “Esta afirmación non é unha suposición do PP senón que o confirmou o propio goberno municipal na comisión do pasado venres onde a preguntas do PP recoñeceron que ainda están cos pregos de condicións para sacar a licitación as obras que precisa o inmoble para a súa posta en marcha”.
Os populares cada vez están máis preocupados polo estado no que o bigoberno ten esta infraestructura “que tanto reclamaron, como defensores da cultura e de espacios dignos para Lugo, e que agora que o teñen nas súas mans o deixan abandonado”.
Dende o PP invitan aos veciños de Lugo a que “vexan cos seus propios ollos o entorno no que languidece este edificio con maleza rodeándoo coma se se tratase dun descampado”. Os populares tamén lamentan a deixación de funcións do bigoberno xa que “despois de oito meses seguen sen arranxar o panel de cristal que rachou deste edificio.
Outra cuestión na que o PP insiste e en que se retire o valado metálico que está moi deteriorado provocando un aspecto de abandono e de suciedade. A esta petición, na comisión celebrada o pasado venres, nos contestaron que “tiña unha finalidade disuasoria e que o deixaban para aproveitalo cando se fixesen as futuras obras”.
Dende o PP cremos que “son excusas sen sentido” xa que “na práctica este peche perimetral non serve para nada dado que os veciños do barrio, á vista de que non hai nin un só cartel de prohibido a entrada, e como hai un acceso aberto pola Avenida de Magoi utilizan, de forma habitual, este espazo público como zona de esparcimento”.