EconomíaMedio Ambiente

O PP di que o PSOE cambiou de estratexia, 1 día despois, do anuncio de que levamos ao xulgado o procedemento da Fábrica da Luz

By 16 Novembro, 2022Sin comentarios

O Grupo Municipal do PP valora de forma positiva que se conseguise, por fin, acceder ao expediente da Fábrica da Luz. Estas declaracións chegan logo de que onte se notificase aos populares “o prego de cargos asinado polo secretario onde se  ofrece un prazo de 15 días hábiles para consultar o expediente, presentar as alegacións que considere oportunas na súa defensa e as probas pertinentes.

Tras coñecer esta decisión, o vicevoceiro popular poñía de manifesto que esta reacción respostaba a un cambio de estratexia logo de que o PP anunciou que levara ao xulgado esta cuestión. Para nós este cambio de opinión tan radical “pon en entredito a transparencia do goberno socialista e nacionalista”. “Sorprende que acceda a  nosa petición ás poucas horas de coñecer que levamos ao xulgado o veto que nos fixeron para formar parte do expediente”.

“Se imos ter a oportunidade de participar neste procedemento é porque perseveramos e mantivemos unha postura firme dende o primeiro momento con este asunto”.

Ameijide explicou que o PP se viu obrigado a dar este paso por responsabildade xa que considera que os lucenses non teñen porque asumir os custes millonarios das malas decisión adoptadas por Lara Méndez na adxudicación da Fábrica da Luz.. “Ogallá non tivésemos que ter chegado ao xulgado pero semella que hai temor, por parte da alcaldesa, e que é precisamente ese medo o que a obrigou a cambiar de estratexia”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies