- Mar Carballas apunta que “é urxente axilizar esta intervención para evitar máis gastos innecesarios froito do incumprimento dun compromiso do goberno local”
- A popular considera un despropósito que se estén pagando 3.000€ todos os meses a unha empresa polo aluguer do apuntalamento
MÉRCORES 31 XANEIRO DE 2024
- No ano 2022, o Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que se levaría a cabo o apuntalamento do muro que comunica as rúas de Cidade de Viveiro con Rei Plácido, manifestando que esta medida permitiría realizar catas para avaliar detalladamente o desgaste da estrutura.
- Este anuncio fíxose á vez que se daba un prazo para executar a obra no ano 2023, incluíndo unha partida nos orzamentos municipais de 650.000€ que non se executaron.
- Este incumprimento da palabra dada non só evidencia a incapacidade do goberno local para cumprir cos seus propios compromisos, senón que tamén reflicte o despilfarro de fondos públicos, cun gasto significativo no apuntalamento que supera os 83.704,57€ e que, en parte se poderían ter aforrado de ter realizada a obra.
- Os cidadáns merecen unha explicación clara e transparente sobre este desvío de fondos e a falta de execución dun proxecto anunciado que a estas alturas non está nin empezado. A concelleira Mar Carballas pregúntase: por que motivos non se cumpliu con esta promesa?