Sen categoría

O PP di que os ORZAMENTOS DE 2024 fixéronse sen pensar nos lucenses e só buscan consolidar o pacto de goberno PSOE e BNG

By 27 Decembro, 2023Sin comentarios

Elena Candia desmontou, un a un, os calificativos cos que a alcaldesa definiu os orzamentos de Lugo para 2024.

 

A voceira popular explicou que:

 

  • NON SON VERDES xa que destinan uns ridículos recursos a un dos principales retos neste capítulo como é o do abastecemento e saneameno. “De pouco sirve presumir de edificio verde cando noutros barrios carecen de saneamento” reflexionaba a popular.
  • Non SON SOSTIBLES: A sostibilidade defínese como o desenvolvemento que satisface as necesidades do presente sin comprometer a capacidade das futuras xeracións. Este goberno presenta un orzamento que, despois de dilapidar os remanenertes de tesourería, precisa dun crédito de 13,5 para cumprir os seus compromisos, comprometendo claramente o futuro dos lucenses
  • Non SON PROGRESISTAS: Siguen creando un Lugo de DESIGUALDADES nunhas zonas agasállaselles con todo e noutras nin auga.

 

En CONCLUSIÓN para o PP son uns malos orzamentos tal e como reflexa o informe de intervención aclarando que  “Se para a persoa encargada de fiscalizalos non lle merecen fiabilidade, nin confianza que van pensar os cidadáns?”

 

Elena Candia manifestou que os orzamentos para o 2024 fixéronse con ÁS PRESAS e CON NOCTURNIDADE.

 

A falta de tempo para analizar os datos presentados certifica que se non se puido facer por parte de intervención unha análise detallada tal e como se recolle no INFORME DO INTERVENTOR onde se indica:

 

  • Páxina 1 indica que “tendo en conta o escaso período de tempo transcurrido entre a finalización e formalización completa do expediente e as que se comunican como datas de obrigada convocatoria da Xunta de Goberno local …”
  • Páxina 14 cando apunta o capitulo 1 di, a relación incluida no proxecto de orzamento se corresponde cos datos remitidos polo servizo de persoal o 14 de decembro SEN QUE FORA POSIBLE POLO PRAZO DISPOÑIBLE NINGUNA VALORACIÓN, ANÁLISE, NIN CONTRASTE SOBRE TALES DATOS máis que os de caracter aritmétrico de coincidencia.

 

A popular tamen enumerou as  DEZ ENMENDAS aos orzamentos de 2024

 

A voceira popular explica que son propostas COHERENTES co noso modelo de cidade e que buscan mellorar diferentes servizos e prestacións á veciñanza

 

  1. Propoñemos construción da nova Protectora de Animais e Plantas coa partida de 773.663 € destinados a hortos ecolóxicos comunitarios.
  2. A redacción dun Plan Municipal de Saúde Mental, extraendo 50.000 € da partida de traballos realizados por outras empresas en protocolo da alcaldía.
  3. Queremos que se incrementen as partidas de persoal para cumprir cos compromisos relacionados con contratacións temporais e nomeamento de interinos para iso propoñemos: por un lado ELIMINAR UNHA PARTIDA DUN ÓRGANO DIRECTIVO que reserva 70.000 € para este posto e tamén se solicita DESTINAR 1.6M€ que se paga á EMPRESA QUE REPARA AS FUGAS DE AUGA 24 HORAS PARA O REFORZO DO PERSOAL DA BRIGADA MUNICIPAL. Con este equipo municipal consolidado, ademais das tarefas de mantemento, se poderían facer obras de saneamento e abastecemento na zona rural.
  4. Para a renovación do abastecemento do polígono do CEAO solicítase que a partida de investimentos de obras e renovación das redes de abastecemento na zona norte (230.000 €) se adique de forma íntegra esta actuación.
  5. Dotar dunha partida específica de 343.914 € para poñer en marcha o Auditorio Municipal de Magoi que se extrae dunha partida de gastos diversos.
  6. Solicitamos que se faga unha encomenda de xestión a Evislusa que permita intervir nalgún dos edificios abandonados ou en estado de ruinas situados no Entorno Residencial de Rehabilitación Programada do barrio da Milagrosa e Feijóo (ERRT) para súa rehabilitación e posterior destino para unha Comisaría da Policía Local
  7. Pedimos que se reserven partida para que no exercicio 2024 para que esté en disposición un aparcadoiro en Fontiñas así como os estudos para habilitar outras zonas de aparcamento nas inmediacións do centro como na rúa Castelao;
  8. Para a mellora da entrada de Lugo pola Fervedoira no tramo que é competencia do Concello
  9. Para a redacción do proxecto para dotar de servizos de conciliación aos polígonos industriais de O CEAO e As Gándaras
  10. Tamén se fai unha enmenda ao documento das bases de execución para que as entidades sociais poida anticipar os importes das subvencións nominativas previo a súa xustificación. Na actualidade e debido ao retraso do pago destas axudas por parte do goberno local as asociacións teñen que asumir os pagos e en ocasións non poden levalas a cabo por falta de recursos.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies