Economía

O PP di que os orzamentos de Méndez e Arroxo teñen aire propagandístico e son unha bomba de fume

By 15 Decembro, 2021Sin comentarios

Os populares afean que o goberno de esquerdas “pola súa actitude antidemocrática ao desbotar as 76 propostas que rexistramos de cara a mellorar o borrador de orzamentos para 2022” e recrimina “o desprezo, a falta de talante e de ganas de chegar a consensos do bipartito co principal grupo da corporación”

O voceiro do Grupo Popular afea a actitude “de rodillo do goberno de esquerdas de Lugo” que volveu a ningunear as preto de 80 propostas que presentamos para mellorar o borrador de orzamentos.  “É unha mágoa que PSOE e BNG se enrroquen nunha postura tan antidemocrática cando estamos falando do documento guía dos proxectos de Lugo para o vindeiro 2021”.

Ramón Carballo explicou que o documento que presentan reflicte ás claras que son unhas contas que teñen por obxecto sacar unha rendibilidade electoral pero que carecen dun proxecto único para Lugo. O único no que coinciden o proxecto vital de Méndez e Arroxo é manterse no cargo é repartirse todos os anos, a conta dos orzamentos municipais, o botín para manter o seu relato.

 

ALGUNHAS CIFRAS DOS ORZAMENTOS DO BIPARTITO DE LUGO

  • Estamos diante dun orzamento ficticio. As contas do bipartito son unha bomba de fume. A proba de que son unha contas desfasadas e que son irrealizables é máis que evidente tendo en conta que os ingresos reais que ten o Concello que non chegan para pagar os gastos correntes. Analizando as contas que presenta o goberno de Lugo vemos como o 83% dos orzamentos (88,3M€) destínanse a pagar ao persoal municipal e para pagar a empresas que prestan servizos no municipio, mentres tanto, a recadación da última liquidación cerrada do ano 2020 desvela que a recadación foi de 74,7M€.
  • Por tanto, estamos ante un borrador de orzamentos no que o goberno local fai encaixe de bolillos e infla os ingresos para cadrar as contas. Hai varios exemplos nos que contemplan ingresar partidas que son conscientes que é imposible recadar, tendo en conta a evolución dos ingresos nos últimos exercicios.
  • Son os orzamentos dos parches, dun goberno que vai de ganchete cando se trata de pactar gastos improductivos e con aire propagandístico. A alcaldesa de Lugo xestionará o mesmo diñeiro para a súa promoción e autobombo que o que prevé destinar a Emerxencia social. (250.000 € en gastos diversos de protocolo, gabinete e secretaría da alcaldesa). Desagréganse en: 50.000 € atención a protocolo; 150.000 € publicidade e propaganda; 50.000 € en gastos diversos a maiores dos 135.000 € en traballos a outras empresas fronte aos 300.000 € que hai para emerxencia social. Curiosamente repiten partida cando o lóxico sería subir neste apartado.

 

O QUE BOTAMOS DE MENOS

  • O novo Auditorio de Magoi queda en terra de ninguén xa que no capítulo de gastos non figura partida para a posta en funcionamento. (si hai por exemplo preto de 500.000 € para o Vello Cárcere). No capítulo de investimentos nin Cultura nin Patrimonio contemplan investir os 300.000 € dos que no seu momento falou Lara Méndez para corrixir as deficiencias.
  • Dentro da promoción e ao fomento do deporte non hai cartos para empezar a construír o novo pavillón que o Partido Popular leva pedindo dende hai anos salvo a reserva de 80.000 € para facer o proxecto.
  • Non figura ningunha partida con nome e apelido para a execución da Praia Fluvial no Miño.
  • Os recursos destinados á promoción e reinserción social redúcense con respecto ao ano 2020 e pasan de 505.000 a 216.000 €
  • Emerxencia social repite a mesma cifra de gastos. É continuista cando neste momento é máis necesario que nunca ter unha previsión para familias afectadas pola crise económica que se prevé. (manteñen os 300.000 € do ano 2020)
  • Na zona rural hai un recorte no capítulo de gastos con respecto ao ano 2021 en 154.000 €. En canto o capítulo de investimentos esquécense por completo do rural. Pasan de querer levar o abastecemento e saneamento nas parroquias (compartindo o gasto coa Xunta) a non destinar ni un só euro.

 

AS INCONGRUENCIAS

  • No capítulo de gastos figura un incremento para transporte público de 292.000 € o que certifica o fracaso do modelo de autobuses urbanos do goberno local e confirma que a remodelación das liñas non gusta aos lucenses e que non o usan como estimaban. Pasaron de destinar 2.4 a 2.7 M€.
  • Incorporan unha partida de 15.000 € para instalar cámaras de videovixilancia no Mercado e Praza de Abastos. Que pasa cos polígonos industriais, os monumentos en zonas emblemáticas e os edificios públicos?

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies