Servizos sociais

O PP di que os profesionales de Servicios Sociales Municipais están desbordados polas baixas sen cubrir o que dificulta a atención á veciñanza

By 8 Novembro, 2023Sin comentarios
  • O concelleiro popular Gustavo Díaz explicou que o posto da traballadora social “que realizaba un control previo para que as urxencias de servizos sociais se valoren, e que coordinaba as listas de espera e citas segundo as emerxencias dos casos non está cuberto, dende hai meses” aclarando que esta situación “obrigan a asumir esta función a cada Centro Social, sobrecargándoos de traballo”

MÉRCORES 8 DE NOVEMBRO DE 2023

  • Después de visitar os 7 centros sociais municipais estamos preocupados porque “a pesar da gran profesionalidade dos traballadores e a súa implicación e compromiso cos usuarios comprobamos que non hai suficiente persoal para garantir os servizos básicos”.
  • Para o PP a atención dos servizos sociais é un piar fundamental, e, neste momento “non está garantida de forma eficaz” debido a que o goberno local non está substituíndo as baixas ou directamente non se cubren as prazas que figuran na Relación de postos de traballo.
  • Os populares alertan que a atención ás persoas que precisan tramitar axudas de emerxencia, dependencias, mínimo vital … complicouse dende hai uns meses xa que a traballadora social encargada de facer un control previo para que as urxencias se valoren , e que coordinaba as listas de espera e citas segundo as emerxencias leva meses sen cubrir.
  • Por este motivo, os populares pedirán en comisión que o goberno local aclare “se van a recuperar este filtro que se ofrecía no Centro Maruja Mallo xa que arestora, ao non cubrir esta vacante, incrementan a carga de traballo diario e repercute na organización das citas do resto dos centros.

SEGURIDADE

  • Outra petición reiterada ten que ver con mellorar a seguridade nos centros sociais. O que se propón é ampliar 5 horas semanais a vixilancia para que se dea cobertura desde a apertura ata o horario do peche destas dependencias municipais.
  • Neste momento o persoal encargado da seguridade nos sete centros sociais está no horario de atención ao público entre 30 a 14.30 horas

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies