Sen categoría

O PP difunde o atractivo turístico de Lugo cun punto de descarga directa da súa guía turística dixital na Casa do Concello

By 10 Abril, 2025No Comments

O Grupo Popular deu un paso máis no seu compromiso cunha política útil coa instalación dun código QR de grandes dimensións nunha das fiestras do local que ocupa na Casa do Concello, que permite acceder á guía dixital sobre Lugo elaborada coa colaboración dun grupo de persoas vencelladas ao turismo, a historia e a cultura local. A iniciativa busca facilitar o acceso á información turística, tanto a persoas visitantes como a veciños e veciñas.

A voceira popular Elena Candia explicou que “esta guía é unha mostra máis do noso compromiso cunha política que serve. Ofrecemos unha ferramenta útil, feita con rigor e cariño, para que quen visite Lugo estes días poida coñecer mellor o que temos: patrimonio, historia, cultura, gastronomía e natureza”.

“A data non é casual. Queremos poñer en valor a Semana Santa lucense e recoñecer o traballo da Xunta de Confrarías, que está loitando para conseguir a declaración de Interese Turístico Nacional. Nós, desde a oposición, achegamos o que temos: medios propios e vontade de sumar”.

“Se queremos que Lugo deixe de ser unha cidade de paso, hai que coidala, contala e promocionala como merece. Esta guía é un pequeno paso nesa dirección”.

Lamentamos que o Concello non está á altura do que Lugo necesita en termos de promoción turística e que non teña ninguna estratexia para prolongar a estancia media no noso muncipio así como potencialo como un destino atractivo.

Este traballo xa o presentamos hai uns meses e, ata o de agora, podía consultarse na nosa web. Insistimos no que dixemos no seu momento: é un documento vivo e aberto á participación para ir incorporando melloras.
Pola súa banda, o concelleiro Agustín Gallego puxo o foco na falta de estratexia do goberno local en materia turística:

“Temos unha cidade cun enorme potencial turístico, pero sen unha planificación seria nin vontade real de poñela en valor”.
Gallego enumerou dez evidencias que poñen de manifesto esta falta de xestión:

1. Páxina web municipal desactualizada e sen contido útil
2. Ausencia dunha axenda cultural visible e falta de sinalización turística axeitada.
3. Promoción exterior moi limitada en feiras e eventos clave como Fitur, Intur ou Fairway.
4. Paneis informativos dos museos fóra de servizo
5. Problemas de mantemento en espazos arqueolóxicos (ventás Rúa Doutor Castro; Casa dos mosaicos).
6. A candidatura de Lugo como Capital Española da Gastronomía foi aprazada e quedou esquecida.
7. Negativa ideolóxica a colaborar na promoción do Xacobeo.
8. Competencia desleal aos guías oficiais ofrecendo visitas turísticas gratuítas desde o propio Concello.
9. A oficina de información turística da Praza Maior só abre en verán, San Froilán e Arde Lvcvs. O resto do ano, os visitantes teñen que ir á Praza do Campo. Lugo non pode seguir sendo unha cidade sen porta de entrada
10. E, por se isto fora pouco, pechan o Auditorio Fuxan os Ventos no verán alegando “falta de demanda”.

A guía pode descargarse dende hoxe escaneando o código instalado nos soportais da Casa do Concello.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies