InfraestruturasPraia Fluvial

O PP difunde un vídeo que demostra que a localización da praia fluvial non é a idónea porque “non ten suficiente calado”

By 3 Xaneiro, 2024Sin comentarios
  • O Partido Popular difundiu un vídeo que se grabou o pasado mes de setembro no que se pode ver a un mergullador cruzando o río por varios puntos na última localización situada no Paseo do Miño propostas polo goberno local para colocar as plataformas flotantes das piscinas.
  • Con este documento gráfico se certifica que a zona “ten pouca profundidade en moitos puntos e que o terreo é moi irregular con abundantes rochas no fondo”.
  • CONCLUSIÓN DESTA COMPROBACIÓN: Nin a ubicación, nin o proxecto da praia fluvial que presenta o goberno local de Lugo é o idóneo xa que a zona elixida para colocar as plataformas flotantes non ten o calado suficiente polo que a zona non é segura para os bañistas.
  • Os populares recordan que técnicos, tanto do propio Concello como da Xunta, xa advertiron de que o 40% da superficie onde se prevé que se ubiquen as plataformas á beira do Paseo do Miño non alcanza o metro e medio de profundidade.
  • Polas malas decisión de PSOE e BNG, lamentablemente, os lucenses pasamos outro verán máis sen poder gozar dunha zona de baño público no Miño e a veciñanza viuse obrigada, pola súa incompetencia e falta de traballo, a acudir ás piscinas dos concellos limítrofes como a de Castroverde, Friol, O Corgo … etc

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies