Outros

O PP do Concello de Lugo é o que máis medra e o que ten o maior porcentaxe de votos nas sete grandes cidades galegas

By 11 Novembro, 2019Sin comentarios

O voceiro do Grupo Popular Ramón Carballo salientou que con respecto ás eleccións do 28 de abril “o Partido Popular medrou a porcentaxe de votos no municipio en 7 puntos, mentres que, o PSOE retrocedeu en 1,35”

O voceiro do Grupo Popular Ramón Carballo valorou os resultados das eleccións celebradas onte e salientou que “houbo unha perda de confianza do electorado lucense no PSOE que, pese a que é o partido que goberna en Lugo, perde forza. Pola contra observamos un crecemento do Partido Popular”.

Carballo destacou que o PP do concello de Lugo mellorou a porcentaxe de voto con respecto ás eleccións do 28 A “aumentamos 7 puntos pasando do 25,87% ao 32,90%, en contraposición do PSOE que retrocedeu 1,35% pasando de 34,29% de 32,94%”. En número de papeletas o PP subiu 2.211 votos con respecto ás eleccións de abril mentres que os socialistas retroceden 2.617 votos.

O voceiro dos populares tamén amosou a súa satisfacción porque o PP recupera o voto no rural de Lugo “gañamos nas 16 mesas sumando 682 votos máis que o PSOE, xa que se emitiron 2.023 votos para o PP fronte a 1.341 papeletas que foron para o PSOE”.

Outro dato significativo é que o PP do concello de Lugo “é o que máis apoios tivo nas sete grandes cidades galegas. Lugo sube 7,03 puntos; Ourense e A Coruña 6,41 puntos; Santiago 5,72 puntos; Ferrol 6,6 puntos; Pontevedra 5,18 puntos; Vigo 4,4 puntos”.

Ramón Carballo concluiu “melloramos, foron bos resultados, pero somos conscientes de queda moito traballo por facer xa que a división do voto segue penalizandonos”. “Estes resultados nos animan a incrementar esforozos para consolidar no futuro esta tendencia e mantela e mellorala no futuro”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies