- A voceira popular Elena Candia explicou que resulta irónico que “a alcaldesa de Lugo, coincidindo coa semana da mobilidade, presuma en Málaga hoxe da mobilidade intelixente cando os programas do sistema smart city de xestión de aparcemento eficiente no que se gastaron 260.000 euros para sinalizar 200 prazas non funcionan
- O concelleiro popular Antonio Ameijide explicou as propostas do PP para facilitar o aparcamento nesta vía dando dúas posibles localizacións, unha á altura do número 105 e outra á altura do número 129, creando máis de 400 prazas de aparcamento
- Dende o Grupo Municipal Popular piden que se realice un estudo pormenorizado para dotar de aparcadoiros disuasorios os distintos barrios da cidade, tanto en terreos públicos como negociando a cesión, arrendamento ou adquisición de solares privados onde sexa necesario, e poñen como exemplo, que tamén beneficiaría á veciñanza de Fontiñas, os solares municipais da rúa Primavera onde se poderían crear 100 prazas de aparcamento
- Os populares insisten na necesidade de implantar en Lugo un sistema de rotación do aparcamento nas zonas da cidade con maiores problemas de estacionamento para garantir que hai prazas dispoñibles
- No PP tamén ven necesaria habilitar prazas de aparcamento temporal nas proximidades de zonas de gran densidade comercial para facilitar o acceso a estes e así asegurar que os seus usuarios teñen un acceso áxil e cómodo a estes negocios