Os populares esixen ao goberno local “que amosen respecto” a todos os lucenses tras poñer en risco os enterros no cemiterio municipal tras mermar o cadro de persoal ao non cubrir as baixas nin as vacantes
As liortas internas e as zancadillas que se poñen Lara Méndez e Rubén Arroxo seguen a danar aos lucenses, poñen en risco agora que os lucenses poidan enterrar aos seus defuntos no cemiterio municipal pola falta de persoal.
Os concelleiros populares recordan que xa advertiron en varias ocasións dos problemas de persoal no cemiterio, onde o goberno local non cubría as baixas nin sacaba a concurso as vacantes existentes, un problema que agora acentúase “ante a posibilidade de que non se poidan celebrar enterros”.
Ante esta situación, os populares esixen ao goberno local a cobertura inmediata das baixas do cadro de persoal e que saquen a concurso o máis axiña posible as vacantes para garantir que hai recursos humanos sempre dispoñibles e que se poden celebrar enterros no cemiterio municipal. “A realidade é que non respectan nada, nin algo tan sensible como os enterros”, lamentan.
Dende o Grupo Municipal recordan como tanto PSOE como BNG sempre cualificaron como “alarmistas” aos populares cando advertiron desta situación, pola que se preguntou en varias ocasións en comisión, e dende o goberno local sempre afirmaron “que non existía tal problema”.
Agora, ante a proximidade das eleccións, tanto PSOE como BNG lánzanse acusacións directas para culpar ao socio de goberno do problema xerado entre Lara Méndez e Rubén Arroxo, xa que “ambos son cómplices e culpables de chegar a esta situación” xa que nestes últimos catro anos o único que lles importou “foi repartir soldos e sillóns”.