InfraestruturasTráficoZona rural

O PP esixe a Concello e Deputación o arranxo da LU-P-2914 debido as fochancas e perda de asfalto en varios treitos

By 12 Marzo, 2023Sin comentarios

Óscar Poy explica que esta estrada, que dá servizo ás parroquias de Vilachá de Mera, o Burgo e outras próximas, é moi empregada xa que leva a unha iniciativa empresarial que tivo boa acollida entre a cidadanía

Os veciños de Vilachá de Mera piden ao Concello e á Deputación de Lugo que se poñan de acordo para arranxar a estrada LU-P-2914, na que ambas administracións comparten titularidade.

Óscar Poy sinala que dadas “as boas relacións e sintonía das que sempre presumen” non debería ser complicado que se puxeran de acordo para iniciar en breve prazo o arranxo desta estrada que, cun simple percorrido por ela, “precisa dunha intervención urxente” xa que conta con numerosas fochancas e en moitos puntos perdeu a capa de asfalto.

Por mor da súa mala situación, a circulación para os vehículos é complicada e trátase dunha vía moi empregada xa que dá servicio aos veciños de Vilachá de Mera e do Burgo, ademais doutras parroquias, pero que nos últimos meses viu como aumentou o tráfico debido ao éxito dunha iniciativa empresarial instalada na zona.

Nin Concello nin Deputación fan o necesario por mellorar as condicións de vida dos veciños do rural, nin sequera se preocupan de asegurar que as estradas que unen as diferentes parroquias se atopen en bo estado de mantemento.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies