InfraestruturasTráfico

O PP esixe a Méndez que deixe de boicotear e ceda de inmediato os terreos para a rotonda de Alfonso X que leva dous anos e medio torpedeando

By 9 Abril, 2019Maio 8th, 2019No Comments

O voceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide critica que Lara Méndez foi incapaz en dous anos e medio de poñer a disposición de Fomento os terreos necesarios para realizar esta infraestrutura, tempo no que a Deputación xa fixo dúas cesións de terreos para acometer esta dotación tan necesaria para o Concello, por ser un dos puntos con máis accidentes de Lugo

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, denunciou hoxe que Lara Méndez segue a “poñer trabas” para “torpedear” o proxecto da rotonda na unión de Alfonso X O Sabio coa N-VI.

Antonio Ameijide explica que mentres o Ministerio de Fomento e a Deputación “xa fixeron os deberes” Lara Méndez segue negándose a poñer a disposición os terreos necesarios para poder facer realidade. “Quizais estamos ante a vinganza de Lara Méndez con Pedro Sánchez por todos os agravios sufridos por parte do goberno central nas última semanas, loitas internas do PSOE que teñen como únicas vítimas a todos os lucenses”, afirmou.

O voceiro popular lembra que foi o 3 de novembro de 2016 cando o Ministerio de Fomento, dun goberno do Partido Popular, solicitou a cesión de terreos para a execución do proxecto, solicitude que se remitiu tanto ao Concello como a Deputación. Pois a realidade amosa que, dous anos e medios despois desta solicitude, a Deputación xa puxo a disposición de Fomento os terreos necesarios para realizar os traballos, mentres que Lara Méndez segue a “demorar” de xeito “inxustificado e inescusable” a cesión dos terreos.

Antonio Ameijide pregunta á rexedora os motivos de non realizar a cesión dos terreos, xa que antes “podíamos entender que torpedeara a cesión xa que se trataba de facilitar as cousas a un goberno do Partido Popular, pero agora será ela a que explique os motivos de torpedear o proxecto”.

O popular explica que mentres a Deputación si que colaborou en todo intre coas peticións de Fomento, Lara Méndez “négase” a poñer os terreos a disposición para facer realidade unha obra “necesaria” para mellorar a seguridade viaria nun dos puntos máis conflitivos para o tráfico na cidade.

Para Ameijide considera “é grave que, logo de dous anos e medio,  a alcaldesa siga sen resolver a petición do Ministerio de Fomento sobre todo cando se está a falar de solucionar un dos puntos máis conflitivos,  e con máis accidentes do Concello”. “Todos os meses rexístranse colisións de diversa consideración aínda que, moitos deles, resólvense con partes amigables, este punto é problemático e precisa dun sistema que regule o tráfico e diminúa a velocidade para gañar en seguridade viaria”.

Un retraso “totalmente inxustificado” que se non se entende xa que en xaneiro de 2018 o servizo municipal de Enxeñería presentou un informe no que ratifica que “é posible a autorización por parte do concello das obras a executar previstas por non contravir o disposto no vixente PXOM”, un claro síntoma de que Lara Méndez “é a única culpable de que os lucenses non teñamos a rotonda nese punto conflitivo”.

Ademais, a maiores deste documento, no expediente figuran outros dous informes previos favorables á cesión dos terreos, do servizo de Arquitectura, con data do 15 de decembro de 2017, e do servizo de Medio Ambiente, con data de 2 de xaneiro de 2018. Á vista desta documentación o popular que pregunta “cales son os motivos polos que o goberno local segue dilatando a cesión destes terreos”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies