Obras

O PP esixe a Méndez que execute os 3,5 M € comprometidos para melloras en medio cento de rúas

By 16 Setembro, 2015Xaneiro 12th, 2016Sin comentarios

O concelleiro popular Antonio Ameijide denuncia o retraso dun ano e tres meses na execución do 100% das obras de pavimentación e abastecemento do casco urbano incorporadas e aprobadas polo PP ao Plan de investimentos dos remanentes de tesourería de xuño de 2014

O concelleiro do Grupo Popular Antonio Ameijide calificou de “ridículo” o grao de execución das obras de mellora de medio cento de rúas da cidade lamentado que “a punto de cumprirse un ano e tres meses da sinatura do acordo entre PP e PSOE, para investir os remantentes de tesourería de anos anteriores, non se empezou nin unha soa destas intervencións”.

Ameijide explicou que o novo goberno herdou un paquete de obras “con nome e apelido no casco urbano para mellorar o pavimento, abastecemento” e matizando que “é momento de ser resolutivo e de dinamizar a xestión do día a día do concello”. “De momento perdemos os mellores meses para traballar en obra pública xa que aglomerar en inverno é moito máis complicado e xenera moitas máis molestias aos cidadáns”.

“En xuño de 2014 as obras estaban proxectadas, presupostadas e cos 3 millóns e medio de euros reservados para levalas a cabo” indicou o edil popular quen acusou aos socialistas de “incapacidade e pasotismo á hora de poñer en marcha estas actuacións que afectan a rúas en distintos barrios como Ronda de Fingoi, Monforte, Noriega Varela, Pintor Corredoira, varias vías do CEAO, Rúa do Cuco ou Margarida

Os populares afirman que a alcaldesa ten unha oportunidade de demostrar o seu compromiso con Lugo “é necesario un cambio na forma de traballar e é necesario tamén dar exemplo: cando falamos de reactivar a economía estes retrasos inxustificados son inadmisibles”.

“De momento o único que se está demostrando con esta inactividade é quen actuou por intereses partidistas e a golpe de eleccións e quen, pese a non estar gobernando, polo interés xeral, propiciou acordos para mellorar a cidade” concluiu o popular.

Ameijide reclamou “axilidade no cumprimento do pactado os técnicos traballaron e entregaron os proxectos polo que os únicos responsables de que non se iniciase o proceso”.  “Iso  por non falar doutros compromisos, a estas alturas, seguen moi verdes” salientou o concelleiro popular.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies