Zona rural

O PP esixe a reparación dos viais en mal estado en Conturiz e que o Concello inste a Fomento a mellorar a seguridade

By 26 Setembro, 2021Sin comentarios

Concelleiros do Grupo Municipal do PP visitaron a parroquia de Conturiz onde recabou o malestar dos veciños de San Amaro e O Cuco debido ás fochancas que presentan as vías que dan acceso a estes núcleos, que xa provocaron danos nalgún vehículo
O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Manuel López, urxe ao goberno local a que se arranxen varias pistas en mal estado en San Amaro e no Cuco, en Conturiz, xa que as eivas que presentan dificultan a circulación, chegando nalgún caso a producir danos nos vehículos.

Manuel López realizou unha visita a estas zonas para comprobar in situ o estado destas pistas e faise eco das numerosas queixas dos veciños da zona. Para o popular esta situación non é nova, xa que todas as parroquias presentan deficiencias similares nos seus accesos, froito “do abandono e a desidia” do goberno local coa zona rural.

Explica Manuel López que vemos como todos os veciños das parroquias teñen problemas moi semellantes, sendo neste caso en San Amaro e no Cuco, o principal problema as fochancas, polo que os coches teñen dificultades para circular, provocando que en ocasións teñan que circular pola cuneta, sendo un verdadeiro perigo para a seguridade viaria.

Anguieiro

Durante esta visita, Manuel López tamén se achegou ata a zona de Anguieiro, onde os veciños piden que se tape un foso que hai nun lateral dunha vía, de titularidade do Ministerio de Fomento, e que “é un verdadeiro perigo” para os vehículos e os peóns.

Trátase dun foso duns oito metros de profundidade e que está tapado unicamente cun palé e un cono de obra, actuación totalmente deficiente, polo que o concelleiro popular urxe ao goberno local a realizar as xestións oportunas ante o Ministerio de Fomento para dar unha solución totalmente segura a este foso, tal como unha rexa ou unha tapa e así evitar calquera problema de seguridade.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies