Zona rural

O PP esixe a reparación dunha tubería de abastecemento en Piúgos que reventou hai un ano

By 4 Outubro, 2015Xaneiro 12th, 2016Sin comentarios

O concelleiro popular Manuel López afirma que “o pavimento da calzada da comarcal 612 cedeu e que hai unha greta pola que brota auga  supoñendo un risco para os vehículos que circulan pola ela ademáis de provocar o asolagamento dunha finca e  vivenda”

O Grupo Municipal do Partido Popular acusa ao goberno local de “irresponsabilidade” por retrasar sine die a reparación dunha avaría nunha tubería de subministro de auga potable no barrio de Pena da Mula, na parroquia de Piúgos. O reventón da canalización está localizado na estrada de Portomarín, na comarcal 612, a uns metros da rotonda que da acceso á nova ponte sobre o Miño.

Manuel López explicou como o pavimento desta estrada, de titulariedade autonómica, presenta un afundimento nos seus dous carrís como consecuencia do embolsamento de auga pola rotura dunha tubería municipal. O edil do PP matizou que o goberno local non pode xustificar que descoñecía este problema xa que dende a Xunta se enviaron ao Concello ata dousrequerimentos, un o 27 de outubro de 2014 e outro e outro o 2 de xaneiro de 2015”. “É lamentable que malia coñecer o problema que non se tomaran as medidas oportunas en tempo e forma” reflexionou.

Manuel López anunciou que o seu grupo presentará un rogo para que se  repare a greta que hai na calzada e que, segundo consta nun informe da policía local de Lugo, con data de xaneiro de 2015 “está provocando danos no interior dunha vivenda e finca colindante a esta vía”.

Para os populares é incomprensible o retraso, de case un ano, en reparar esta greta provocada polo empozamento de auga baixo o pavimento desta vía. “Se a reparación se fixera, en tempo e forma, non causaría danos a terceiros”, puntualizou o edil do PP.

Ademais, o concelleiro de zona rural do GMPP alertou de que se está a producir unha perda de millóns de litros de auga da traída municipal, “o que tamén supón un despilfarro económico que temos que asumir todos os lucenses, sen que o goberno municipal poña solución a esta cuestión que xa foi denunciada hai case un ano polo Partido Popular e polos propios veciños da zona”.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies