ObrasSeguridadeUrbanismo

O PP esixe a Santos, Arroxo e Penas a limpeza inmediata dos sumidoiros e un plan de actuación para evitar inundacións

By 19 Decembro, 2019Sin comentarios

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide afirma que cando hai trombas de auga, como a de onte, moitos dos sumidoiros da cidade son insuficientes para evacuar a auga xa que moitos están tupidos con terra e lixo polo que se forman grandes acumulacións de auga que dificultan a circulación e incluso hai risco de entrada en propiedades privadas

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, esixe ao bigoberno o deseño e posta en marcha dun plan de actuación para evitar as constantes inundacións que se producen sempre nos mesmos puntos da cidade cando se dan fortes treboadas.

Antonio Ameijide explica que este plan de actuación debería basearse en tres liñas de actuación:

– Avaliar se é necesario modificar deseños nas rúas onde son frecuentes as inundacións
– Estudar a implantación de medidas de drenaxe, máis eficaces, das augas pluviais
– Realizar un mantemento periódico, máis exhaustivo, dos sumidoiros

Unha das claves para que este plan funcione é, precisamente, o mantemento dos sumidoiros. O concelleiro popular recorda como cada ano dende o Grupo Municipal Popular se pide a limpeza dos sumidoiros da cidade xa que “na maioría dos casos a pouco que chove” vemos como sempre os mesmos sumidoiros se inundan e non evacúan a auga, polo que en casos de temporais como o destes días os sumidoiros non tragan toda a auga que cae polo que “sempre se inundan as mesmas zonas e sempre hai os mesmos problema”. “Tendo en conta que podemos consultar a previsión do tempo hai que establecer unha rutina para que os sumidoiros destas localizacións estean perfectamente limpos durante todo o ano, e a maiores unha revisión dos puntos máis conflitivos cando hai previsión de treboadas ou das trombas de auga para evitar situacións como a de onte”, sinalou.

Entre os puntos nos que sería preciso actuar se atopan a Rolda das Fontiñas, a Avenida Duquesa de Lugo (á altura do MIHL e entre as pontes de Paradai); o enlace de Alfonso X coa N-VI, Fermín Rivera (á altura da igrexa), o Polígono de O Ceao (na rotonda que hai fronte a Leite Río), nas Arieiras (urbanización Louzaneta), a Avenida de Magoi, a Ponte Branca ou na Campiña (na rotonda que hai entre a Rolda Norte e a Avenida Adolfo Suárez).

Co obxecto de solucionar esta situación o concelleiro popular anuncia que se presentará un rogo en comisión para que se proceda á limpeza inmediata da rede de sumidoiros de Lugo e, se é posible, se estude se é preciso o redeseño e a colocación de máis sumidoiros nas zonas da cidade nas que adoitan suceder inundacións.

Ademais, Antonio Ameijide recorda que o bigoberno segue a incumprir un acordo plenario de xuño de 2017 para a elaboración dun plan de actuacións na rede de drenaxe para evitar inundacións en Lugo, acordo que se tomou a iniciativa do Grupo Municipal Popular e que contou cos votos a favor de PSOE e BNG. Unha situación que tamén vén propiciada pola inacción de Álvaro Santos, xa que se o concelleiro de medio ambiente “se puxera a traballar” e sacase a licitación o contrato do ciclo da auga a rede de sumidoiros de Lugo estaría en mellor estado xa que habería unha empresa encargada da súa limpeza periódica.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies