Medio Ambiente

O PP esixe acceso e transparencia no convenio asinado onte por Lara Méndez para producir enerxía térmica no Ceao

By 22 Xuño, 2021Sin comentarios

O vicevoceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide explica que queremos coñecer en que consiste a colaboración entre o Concello de Lugo e esta empresa para poder saber ata que punto beneficiará aos lucenses e que compromisos adquire o concello

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, anuncia que se pedirá acceso ao convenio asinado entre o goberno local e a empresa DH Eco Energías, un acordo segundo o cal implantarase no Ceao unha rede de distrito para o subministro de enerxía térmica.

O popular quere saber en que consistirá exactamente ese convenio de colaboración. “Queremos estudar os motivos polos que o goberno local decide apostar por este sistema mentres no mesmo polígono ten outro punto de produción de enerxías renovables (os paneis fotovoltaicos) totalmente abandonados e camiño do desguace”, indica.

Ameijide sinala que o anunciou chegou por sorpresa “para todos” xa que ninguén no concello sabía nada e tampouco no tecido asociativo da cidade, polo que tamén queremos saber “como se chegou ata a empresa seleccionada e que participación se deu ás empresas da cidade e da provincia” xa que recorda o popular que na cidade hai empresas punteiras no sector das enerxías renovables.

Os populares piden ao goberno local moita cautela xa que non queren que este proxecto se converta noutro Garañón ou nunha nova Fábrica da Luz, porque nos últimos 22 anos de gobernos socialistas xa vimos como proxectos que se realizaron dende o goberno local con total secretismo acabaron por xudicializarse, declararse ilegais ou por supoñer indemnizacións millonarias. “Por iso tamén preguntaremos se o Concello de Lugo vai a aportar algún tipo de terreo público, xa que se chegan a este extremo ten que un procedemento público aberto á participación”, finaliza.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies