Limpeza

O PP esixe ao goberno local a limpeza inmediata da maleza que invade por completo a rúa Outono

By 12 Setembro, 2020Setembro 21st, 2020No Comments

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular visitaron a zona despois de recibir a chamada dos veciños da zona, cansos de denunciar a situación ante o Concello de Lugo e ver como o goberno local non dá unha resposta as súas lexítimas reivindicacións

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo denuncian o mal estado no que se atopa a Rúa do Outono, unha zona da cidade comprendida entre a Rúa Primavera e a Avenida das Fontiñas, na que a maleza invadiu todo o entorno, xerando situacións de insalubridade para os veciños.

Os concelleiros populares se achegaron ata a zona despois de recibir a chamada dos veciños pedindo solucións para esta rúa, xa que están cansos de denunciar a situación ante o Concello de Lugo e que lles dean unha solución. Os veciños están cansos de ver como a maleza se converteu no lugar ideal para a proliferación de roedores, polo que é frecuente velos correr pola zona.

Os populares esixen ao goberno local a limpeza inmediata da zona e un plan de desratización para dar resposta ás lexítimas reivindicacións veciñais. Ademais, recordan os concelleiros populares que a única intervención que se realizou no barrio nos últimos anos foi tras unha petición realizada desde o Grupo Municipal Popular para arranxar as escaleiras que hai no barrio e o comunican coa Avenida das Fontiñas.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies