Medio Ambiente

O PP esixe ao goberno local a limpeza inmediata dos sumidoiros para asegurar que se evacúa a auga en caso de choivas abundantes

By 6 Xuño, 2022Sin comentarios

Antonio Ameijide explica que dende o sábado pola tarde estamos a recibir moitas chamadas de veciños queixándose polo caos que se xerou en diferentes puntos da cidade o pasado sábado pola tarde despois da tromba de auga que caeu en Lugo sen que os sumidoiros foran capaces de evacuar a choiva

A tromba de auga que o pasado sábado pola tarde colapsou diferentes puntos da cidade xerou numerosas queixas entre os veciños de Lugo, chamadas que están a recibir os concelleiros populares que recordan que levan anos pedindo ao goberno local a limpeza dos sumidoiros para garantir que son capaces de evacuar a auga en caso de grandes choivas.

Antonio Ameijide recorda que o sábado pola tarde colapsaron diferentes puntos da cidade, como Camiño Real, O Ceao ou Ronda da Muralla, zonas nas que os sumidoiros non foron capaces de absorber a auga da choiva xa que están tupidos, o que provocou serias dificultades para peóns e condutores.

O concelleiro popular propón a posta en marcha dun plan de actuación que debería basearse en tres liñas de actuación:

  • Avaliar se é necesario modificar deseños nas rúas onde son frecuentes as inundacións
  • Estudar a implantación de medidas de drenaxe, máis eficaces, das augas pluviais
  • Realizar un mantemento periódico, máis exhaustivo, dos sumidoiros

Unha das claves para que este plan funcione é, precisamente, o mantemento dos sumidoiros. O concelleiro popular recorda como cada ano dende o Grupo Municipal Popular se pide a limpeza dos sumidoiros da cidade xa que “na maioría dos casos a pouco que chove” vemos como sempre os mesmos sumidoiros se inundan e non evacúan a auga, polo que en casos de temporais como o destes días os sumidoiros non tragan toda a auga que cae polo que “sempre se inundan as mesmas zonas e sempre hai os mesmos problema”.

Antonio Ameijide recorda que o bigoberno segue a incumprir un acordo plenario de xuño de 2017 para a elaboración dun plan de actuacións na rede de drenaxe para evitar inundacións en Lugo, acordo que se tomou a iniciativa do Grupo Municipal Popular e que contou cos votos a favor de PSOE e BNG.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies