- A concelleira popular Mar Carballas explica que “a nefasta xestión dos recursos humanos por parte do PSOE e do BNG na gardería Gregorio Sanz desencadenou un conflicto laboral neste servizo que está afectando a nenos de 0 a 3 anos, e poñendo en risco a tranquilidade das familias”
- Esta situación vén arrastrándose de anos atrás, de feito a alcaldesa de Lugo era coñecedora do caso xa que foi ela mesma a que asinou, o 16 de setembro do ano 2022, un decreto como medida preventiva para resolver este conflicto laboral que agora como alcaldesa non cumpre. (adxuntamos decreto)
- Por este motivo, os populares preguntan a Paula Alvarellos e a Rubén Arroxo “cales foron as razóns polas que as medidas que se estableceron no seu día non se cumpriron” tamén, á vista do acontecido, “reclaman información sobre se teñen previsto adoptar outras novas instruccións para corrixir a situación”
- Mar Carballas considera grave o que está a suceder con este servizo pedindo a Rubén Arroxo que se centre xa que “o vemos moi preocupado por atacar a outras administracións cando el non adopta medidas en áreas que son da súa competencia e pon en risco a calidade do servizo de coidado de 34 nenos de 0 a 3 anos. Pedímoslle ao BNG que traballe nas cuestións que son da súa competencia e se deixe de facer oposición á Xunta”
- Dado que o goberno local do PSOE e do BNG tiña coñecemento desta situación recriminamos “que nin fixeran un mínimo seguimento así como a improvisación coa que actuaron onte cando a media mañá, tiveron que buscar persoal a toda présa para atender aos meniños cun contrato de EMERXENCIA (hai que lembrar que hai máis dous anos coñecían este conflicto laboral que lles foi reiterado en varias ocasións polo persoal da gardería – adxuntamos último escrito de setembro deste ano)
- Mar Carballas concluía: “pedimos que actúen de maneira urxente dándo información ás familias; e reclamamos responsabilidades a Alvarellos e Arroxo pola súa deixadez de funcións”