Outros

O PP insta ao goberno local a resolver os problemas da rede de auga do CEAO , tras un cuarto de século sen investimentos no polígono

By 27 Marzo, 2024Sin comentarios

O Grupo Municipal afirma que “é o momento de marcar prioridades” e lembra que se presentaron ata 3 iniciativas nos últimos meses reclamando que se impulsara o cambio das tubaxes obtendo por resposta a negativa de socialistas e nacionalistas

O argumento que repiten para xustificar que as obras na rede de abastecemento de auga non se fan porque “non hai queixas de empresarios” é outro novo exemplo das falsidades do PSOE e do BNG que repiten mil veces unha mentira para intentar convertelas nunha realidade

O PP tamén agradeceu a todos os servizos de emerxencias o seu esforzo para controlar o incendio declarado onte no polígono

Os empresarios do CEAO 3 anos despois do macro incendio do polígono seguen agardando a que o goberno local solucione os problemas na rede de abastecemento de auga que hai nesta área industrial.

En abril é o terceiro aniversario do maior incendio deste polígono  e ainda non se fixeron estas obras tal e como aconsellaban os informes

técnicos nos que se indica que “a antigüidade das tuberías podería xerar problemas na presión hidráulica recomendando realizar cambios

nesta infraestrutura”.

As tubaxes en moitas zonas son de  fibrocemento con máis de 40 anos de antigüidade como é o caso da rúa do Vidro onde se rexistrou o último incendio, e tal e como se indica nos informes acabaron a súa vida útil.

Estamos falando dun problema real, hai informes que avalan esta situación e que recomendaban xa en 2021 renovar toda a rede de abastecemento.

Nas 3 iniciativas que o Grupo Popular presentou dende o primeiro incidente no CEAO (rogo a pleno febreiro 2022; proposición a pleno outubro 2023 e proposta de enmenda aos orzamentos en decembro de 2023) o goberno local rexeitaba falar deste asunto porque dicían que “non existían queixas dos empresarios, nin había avarías”

 

ANEXO: INICIATIVAS PP

Dende que tivo lugar o macroincendio do polígono do CEAO do 11 de abril de 2021 seguimos na mesma situación no que respecta á necesidade de renovar as tubaxes do polígono.

Dende o Partido Popular presentamos diferentes propostas e iniciativas reclamando esta actuación.

 

  • Ruego en Febreiro de 2022 para urxir o cambio das tubaxes de abastecemento no Ceao e solicitando que se reservasen partidas orzamentarias para esta obra. A petición se formula apoiándose  nos diferentes informes municipais derivados deste incendio. Neles certifícase a sospeita de “que a falta de presión de auga dificultou as tarefas dos servizos de extinción de incendios”.
  • Proposición de outubro de 2023 insistimos na necesidade de renovar a rede de augas co obxecto de aumentar a presión e garantir o servizo de extinción de incendios. Tanto PSOE como BNG votaron en contra amparándose na escusa de que “non existen queixas de industriais, que non é unha zona na que se produzan avarías e que existen tomas abondo con presión suficiente para o enchido das cisternas dos bombeiros”
  • 21 de decembro de 2023 presentamos unha enmenda para os orzamentos de 2024 solicitando que se habilitase unha partida de  000 € para estas obras. Tamén a tumbaron cos votos dos socialistas e nacionalistas.
  • Non só o PP reclamaba o cambio das tubaxes de abastecemento tamén a propia Asociación de Empresarios do CEAO presentou as súas propias alegacións sendo a primeira a que plasmaba a petición de revnovar a rede

Hai que destacar que nos informes municipais que se elaboraron sobre o incendio do ano 2021. No de enxeñería, con data do 23 de xuño de 2021, ven imprescindible proceder á renovación da rede de augas desta zona industrial. Na páxina 7 enumera rúas nas que a rede de abastecemento se compone na maior parte por tubarías de fibrocemento, entre elas está a rúa do Vidro que foi onde tivo lugar o incendio.

Tamén se puntualiza que “unha gran parte da rede de abastecemento do Polígono, data de gran antigüidade, xa que hai áreas nas que a rede está composta por tubos de fibrocemento instalados hai máis de 40 anos, o que significa que superaron a súa vida útil.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies