Servizos sociais

O PP esixe máis recursos e un horario que non sexa de oficina para a atención das vítimas de violencia de xénero na Casa da Muller

By 11 Novembro, 2020Sin comentarios

A concelleira popular Macamen López Silva pedirá explicacións en comisión sobre as graves acusacións relacionadas co caso de violencia de xénero que se fixeron públicas “co ánimo de coñecer se houbo algún tipo de responsabilidades por parte do BIgoberno local”

O Grupo Popular pedirá explicacións Dende o Grupo Popular recriminan que no se dote de recursos necesarios á Casa da Muller para garantir a atención as vítimas de violencia de xénero. A concelleira popular lembrou que o seu grupo xa alertou en reiteradas ocasións “do mal funcionamento do servizo como consecuencia das baixas e da falta de persoal”. López Silva insiste en que é necesario ofertar un servizo de 24 horas e non o horario de oficina que ofrece na actualidade a Casa da Muller de Lugo(de luns a venres entre as nove ás dúas da tarde). “É preciso facilitar o horario xa que as víctimas de violencia as pode haber todos os días e a calquera hora”.

Macamen López Silva avoga por mellorar este servizo municipal  indicando como nas propostas para os orzamentos que presentou o PP para 2021 figura, dentro do capítulo de Protección Social, reserva de partidas orzamentarias destinadas a garantir a atención na casa da muller 24 horas.

Para a popular “as boas intencións dun goberno deben ir acompañadas por feitos” e nese senso tamén critica que despois dun ano Lugo ainda non se adheriu ao  VioGen, tal e como se aprobou no pleno celebrado o 31 de outubro de 2019 a instancias do PP. “Resulta incomprensible que non fosen capaces de facer este trámite” asegurando que “estamos ante un bigoberno local que se pon de perfil en temas que son da súa cometencia” e consideran “grave a súa actitude de non asumir ningunha responsabilidade nun asunto tan delicado como é a violencia de xénero”. Na última comisión a disculpa de frear a adhesión ao Viogén foi de que “como consecuencia da covid tiñan o persoal moi limitado e priorizaron outras actuacións”.

O Ministeiro do Interior ofrece aos Concellos que conten con Policía Local, no marco do Convenio asinado coa FEMP no ano 2006 a posibilidade de adherirse ao protocolo de Violencia de Xénero coñecido como VioGén. O seu obxectivo é establecer unha fluída coordinación entre todas as Forzas e Corpos de Seguridade existentes en cada municipio, co fin de garantir o cumprimento das medidas xudiciais de protección ás vítimas. Nese protocolo recóllese a repartición de funcións e das vítimas ás que hai que facer un seguimento.

Outra ferramenta de loita contra a vilencia de xénero e que está paralizada é a adhesión á á Rede de entidades locais contra a violencia de xénero “neste caso, aprobouse unha proposición de autoría do PP con data de 20 de xullo de 2017 que o pasado ano volvemos a reiterar. Tampouco se fixeron trámites porque non hai vontade política”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies