InfraestruturasZona rural

O PP esixe o arranxo inmediato do Camiño do Tronzo, rúa sen saneamento, sen abastecemento e sen asfaltar

By 10 Novembro, 2022Sin comentarios

Os concelleiros populares amosaron a súa sorpresa tras ver o estado desta vía municipal que, segundo afirmaron os propios veciños, os concelleiros do goberno local se negan a arranxar nin a dar solución algunha os problemas que ten, como a imposibilidade para evacuar a auga correctamente cando chove con intensidade

O abandono do goberno de PSOE e BNG polo rural é algo coñecido pero hai situacións que seguen a sorprender polos problemas que xeran aos veciños de Lugo. Un destes casos é na Tolda de Meilán, concretamente na rúa Camiño do Tronzo, unha vía que o goberno local se nega a arranxar a pesar de que figura no inventario municipal como de titularidade do Concello de Lugo.

Os concelleiros populares que se achegaron ata a zona para escoitar as reclamacións dos veciños comprobaron como o enfado é “máis que fundamentado” xa que unha vía de 400 metros non ten nin asfalto e as vivendas non teñen nin abastecemento de auga corrente nin saneamento a pesar de que os negocios que hai na zona si que teñen estes servizos municipais e, as vivendas que hai na outra beira da N-VI, tamén contan con abastecemento e saneamento.

O primeiro problema que teñen nestas vivendas é a ausencia de servizos básicos como abastecemento e saneamento. Na actualidade, os veciños desta rúa abastécense de pozos propios, pese a que a menos de 10 metros hai industrias que teñen auga potable da traída municipal. “Non se pode entender como estas catro vivendas están rodeadas de industrias e outras vivendas que teñen os servizos básicos e deixan a estas casas sen eles”, lamentan.

Outra das peticións é o asfaltado da rúa. Na actualidade está en terra, cemento e pedras, o que dificulta a circulación. Esta rúa comunica a N-VI (á altura do serradoiro Forestal Peninsular) co polígono de O Ceao (rotonda de Muebles Ceao), “unha vía de 400 metros que está en tan mal estado que se tardan máis de dous minutos en recorrela en coche”.

A falta dun asfaltado axeitado é un problema serio ata o punto de que os sumidoiros están completamente tupidos, polo que non desaugan correctamente a auga provocando que entre nas vivendas. “É necesario poñer en orde esta rúa porque desde o goberno local seguen a mirar cara outro lado e nin dan orde de limpar os sumidoiros chegando unha das veciños a pagar ata en catro ocasións a unha empresa privada por limpar os sumidoiros”, explican.

Outras eivas a corrixir na zona son mellorar a accesibilidade da rampla que dá acceso ao paso elevado na N-VI (á altura do serradoiro) xa que presenta un desnivel demasiado pronunciado como para poder ser usado por persoas en cadeira de rodas ou por maiores. Tamén se pide unha solución á colocación do colector do lixo que hai ao carón deste paso elevado xa que se colocou ao outro lado da cuneta o que impide que, por exemplo, a xente maior poida levar o lixo, sen esquecer que non hai colectores para realizar unha recollida selectiva.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies