Venres 17 de xaneiro 2025
• No anexo do Plan de Investimentos de 2024 PSOE e BNG reservaron unha partida de 14.100.000 € para distintas actuacións. Sen embargo, a data de hoxe só se executaron 2.403.308,25 €, o que representa un 17,04% do total previsto.
• A concelleira popular Mar Carballas explica que esta falta de execución é grave xa que demostra “unha xestión moi deficiente dos recursos públicos e a incapacidade do goberno local para materializar os proxectos que anuncia”.
• A concelleira popular tamén lembrou que, no ano 2024, o Concello se viu obrigado a contratar un crédito de 13,5 millóns de euros para investimentos en infraestruturas e servizos. O peor de todo é que a recadación extra prevista para 2025 pola subida de impostos coincide case ao 100% cos intereses que o Concello terá que pagar por ese crédito, que ascenden a 4.203.788 €.
• A popular lamentaba que a pesar deste gran crédito, só están finalizadas 5 partidas das 66 que figuran no anexo:
1. Adecuación e dotación do entorno do Centro Integral de Saúde no barrio da Residencia: 168.890 €.
2. Sustitución do céspede no campo de fútbol municipal O Polvorín: 350.000 €.
3. Acondicionamento entre rúa Cidade de Viveiro e Frei Plácido Rei Lemos: 618.000 €.
4. Mantemento e mellora do camiño municipal de Ruade en Teixeiro no que so investiu 18.287,02 €, nun proxecto cofinancianciado en no que a Xunta achegou 95.000 €.
• O resto dos proxectos non avanzaron ou están aínda nas fases iniciais, sen contratos asinados. Para a edil do PP resulta inadmisible que “mentres o goberno local se ve obrigado a pedir aos lucenses que paguen máis impostos, non sexan capaces de executar os investimentos que se comprometieron a levar a cabo”.
• Por este motivo insiste en que “Lugo necesita uns orzamentos realistas e útiles para 2025” reclamando “que o goberno local dea explicacións públicas sobre a falta de execución do Plan de Investimentos do pasado exercicio”.
Lugo os últimos en chegar a un acordo
• Mar Carballas “na páxina oficial do concello a alcaldesa di que se reuniron PSOE e BNG para pechar e deseñar a presentación dos orzamentos, mentres que o tenente de alcalde da a entender que o mércoles non tiñan pechado o acordo”.
• “Sexa o que sexa no contexto de Galicia, Lugo é a última gran cidade en acadar acordos para sacar adiante os orzamentos: en Ferrol levaronnos a pleno o 28 de novembro e xa están en vigor; en Vigo a aprobación definitiva foi o día 23 de decembro; na Coruña xa hai acordo pechado e se sometará a cuestión de confianza e en Santiago presentaron o acordo o martes 14 e, por último, en Pontevedra presentean o acordo hoxe ás 12.00 horas”
• A popular lembrou que a alcaldesa tomou posesión o 18 de xaneiro de 2024 e que foi ela a responsable de xestionar de xestionar o plan de investimentos. Por poñer un exemplo de hoxe mesmo “tiñan un compromiso de colocar mobiliario no mercado de Quiroga Ballesteros, e nada se sabe e por riba nin sequera teñen o espazo climatizado”; falan da cidade dos cinco minutos cando en materira de mobilidade non eliminaron nin un só tapón urbanístico malia que había partida orzamentaria; mentiron cando dicían que tiñan que facer os hortos urbanos VIP do Impulso Verde e negaron pasar eses cartos para mellorar as intalacións da protectora e hoxe non temos nin hortos, nin protectora.
• De cada cen euros que prometeron non fixeron nin dous, para o que si chegan a acordos rápidos e para facer trapalladas como que a alcaldesa se ausentase durante dúas horas e así o tenente alcalde asinase facturas con reparos de intervención.