XOVES 11 XANEIRO DE 2024
- Os populares lamentan a falta de comunicación institucional co grupo maioritario da corporación indicando que “de decisións tan importantes como estas, que afectan á xestión municipal, non nos podemos enterar por redes sociais”
- O vicevoceiro popular manifestou que “fronte aos días de incertezas que vivimos pedimos orden e planificación” xa que “Lugo necesita unha xestión eficaz, rigurosa e centrada nos problemas da xente e non nos problemas internos dun partido político”
- Dende o Grupo Popular agardan que haxa un cambio de rumbo e que “a nova rexedora fuxa da política de continuismo ofrecendo o seu traballo propositivo” e insistindo en que “é preciso un cambio de actitude para que non se repita o desprezo, por parte do goberno local, ao traballo de 12 dos 25 membros da corporación”.
MESA URBANISMO
- Dende a MESA DE URBANISMO do PP tamén expresaron o seu temor polas repercusións que terá na prestación de servizos a crise aberta tralo cambio de goberno porque temen que “o servizo podería funcionar aínda peor do que o vén facendo na actualidade no que atinxe ás licenzas de obra”.
- Lembran que por falta de dirección política baixou a resolución da que xa era unha media ridícula de expedientes que non chegaba a 3 licencias á semana, unha soa na derradeira Xunta de Goberno
- Nas dúas últimas xuntas de goberno resolvéronse tres expedientes “na do 10 de xaneiro foron un cambio dunha cuberta e a ampliación dunha vivenda unifamiliar e na que se celebrou 17 xaneiro a instalación dun ascensor”
- Na mesa de urbanismo tamén se abordaron outras cuestións de actualidade como o retraso na posta en marcha do novo auditorio de Magoi. Outros asuntos de análise neste foro foron a parálise no desenvolvemento urbanístico e o caos organizativo das obras no centro.