O vicevoceiro popular Antonio Ameijide amosa a súa preocupación “pola actitude prepotente dos concelleiros socialistas que, coa complicidade do BNG, ofrecen de forma reiterada contestacións sesgadas e incompletas ás preguntas que presentamos”
O vicevoceiro do Grupo Municipal Antonio Ameijide denuncia as trabas que o bipartito está a por para obter información no marco das comisións de pleno “levamos xa seis meses de mandato e cada vez que se celebran estas xuntanzas se repiten as mesmas contestacións”. Antonio Ameijide puntualizou que “se ofrecen, de forma reiterada, respostas sesgadas e incompletas ás preguntas que presentamos”.
“A matraca de que pedimos información complicada e que dificultamos o traballo dos funcionarios bloqueando os servizos é unha disculpa pouco crible, salvo que a dixitalización no concello brile pola súa ausencia”, reflexionou o popular recalcando que “non teñen nin base de datos”.
Antonio Ameijide cuestionaba, deste xeito, que os prometidos avances en administración electrónica, “vaian moito máis lentos do que din”. O vicevoceiro afirma que os funcionarios si teñen vontade pero, neste intre, “o bipartito marca as directrices é o que se impón no goberno de Lugo é o rodillo e os impedimentos para acceder á documentación”. Para Ameijide “chama a atención que aleguen problemas de perosal cando no bipartito teñen máis de 26 cargos políticos a soldo do erario público”.
O popular puxo exemplos concretos, que figuran nas actas das últimas comisións de pleno, nos que “queda en entredito a transparencia e a pouca disposición” do bipartito en facilitar o traballo de fiscalización da oposición. Un dos casos máis sorprendentes foi o da negativa do Concelleiro de Medio Ambiente que evita contestar a unhas preguntas sobre o parque de enerxías alternativas do Ceao porque asegura que “é unha instalación que non está adscrita a ningunha área pertencente a esta Comisión”. “É unha tomadura de pelo que teñamos que sufrir as consecuencias do descontrol que hai entre PSOE e BNG, dous gobernos distintos e ninguén se fai cargo desta infraestructura ruinosa”.
Os populares aclaran que os partidos politicos non son os que inclúen as preguntas na orde do día das comisións polo que recriminan a actitude de Álvaro Santos “que renega da que foi unha das instalacións estrela da política medio ambiental socialista” e lle advirten ao goberno que agardan obter na comisión desta semana información sobre esta infraestructura xa que volvemos a rexistras a mesma batería de preguntas.