LUNS 19 FEBREIRO DE 2024
- Os populares anunciaron que presentarán esta iniciativa a pleno logo de que a alcaldesa dese a calada por resposta e se negase a convocar unha xunta de voceiros que se solicitou o día 9 de febreiro co obxectivo de abordar esta cuestión.
- O concelleiro popular Antonio Ameijide afeou ao goberno local “presumen de progresistas e explotan a un traballador municipal durante anos; obríganno a ir aos xulgados e cunha sentencia favorable en man néganse a pagar o que lle deben polo seu traballo”
- O popular quere que tanto Alvarellos como Arroxo dean a cara “a única alternativa que nos deixan é elevar este asunto ao pleno reclamando o cumprimento da sentenza.
- Nesa mesma iniciativa tamén solicitarán que se reforce a brigada de augas, mermada e desmantelada durante os últimos anos, dando aos traballadores municipais a categoría profisional real aos postos que desempeñan, pasándoos de peóns a oficiais, e reforzando servizos con máis medios humanos para ofrecer mellores prestacións aos cidadanás
- Os populares insisten en que “urxe no plano humano dárlle unha solución a este traballador municipal que está de garda 24 horas dos 7 días da semana” puntualizando que “é inmoral e ilegal que un concello teña a unha persoa nestas condicións e especialmente chamativo cando os compoñentes deste goberno presumen de defender os dereitos dos traballadores”