Infraestruturas

O PP espera que a visita de Besteiro sexa para anunciar que asume do seu peto os custes do derrubamento do Garañón

By 17 Abril, 2023No Comments

O voceiro popular Ramón Carballo reflexionaba “se en Lugo temos un Garañón será porque alguén o autorizou” lembrando que foi no ano 2005 cando, en solitario, o PSOE votou a favor do convenio urbanístico que autorizou as torres das costas do parque

O voceiro do Grupo Popular  manifestou o seu desexo de que a visita desta mañá do novo delegado do Goberno de Galicia sexa para anunciar que vai a asumir “do seu peto os custes do derrubamento das torres do Garañón así como as indemnizacións que haxa que pagar ao promotor da obra”.

Ramón Carballo explica que a licenza ilegal dada para a construción das Torres das Costas do Parque son “a proba irrefutable do caciquismo moderno e do urbanismo á carta do socialismo en Lugo nos tempos no que o señor Besteiro era concelleiro desta área”.

El e os seus compañeiros socialistas aprobaron cos seus votos un convenio urbanístico cun constructor a quen lle garantían unha edificación e que se non se chegaba a facer se lle indemnizaría.

Os populares lembran como “o convenio fíxose en fin de semana un 31 de decembro do ano 2005, porque xustamente o día despois o 1 de xaneiro de 2006  entraba en vigor unha disposición transitoria primeira da Lei do Solo que levaba  aparellada unha redución da edificabilidade de 2,05 a 1,50 metros cadrados edificables por metro cadrado de terreo e implicaba cambios que reducían en máis de 4.000 metros cadrados os intereses do promotor”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies