XOVES 19 DE SETEMBRO DE 2024
· A edil popular Mar Carballas pide a Alvarellos e a Arroxo que traballen máis e gasten mellor xa que “é inadmisible que pidan un esforzo aos lucenses mentres que eles derrochan o diñeiro de todos en proxectos que non supuxeron ningún valor engadido á cidadanía (caldas, edificio Impulso Verde, Carril Bici, coliving …)
· A popular explicou que o legado dos case nove meses de Paula Alvarellos como alcaldesa foi a inauguración dun espazo de non baño no Miño e unha suba de impostos, é dicir, pedir aos lucenses que paguen máis por uns servizos moi mellorables
· Carballas indicou como no informe de intervención da conta xeral se destacan unha serie de puntos que reflicten o deterioro das contas públicas e se apunta a que s”e gasta sen control a un ritmo que non o soportan as arcas municipais”
· A popular resumía en tres parámetros esta afirmación: baixa a liquidez, redúcese o aforro e acaban cos remanentes de tesourería
· Outra reflexión que fixo a edil popular é sobre que PSOE e BNG “Non teñen prioridades claras porque para o que queren si hai diñeiro” xustificando esta afirmación con varios exemplos:
Exemplos:
– Contratación da publicación dun libro sobre a historia do abastecemento de augas de Lugo (10.000 €)
– Reforma de despacho 3.894 €
– Caldas: mantenimiento de 400.000€ anual
– Festas de San Froilán de 2023: 1.111.942,54€
– 1.700€ al mes en una nave del Corgo para guardar las piscinas y las turbinas de la fábrica de la luz
– Edificio Impulso Verde: segue sen uso e en todo o ano fixéronse 16 visitas
· Outro aspecto que analizou a concelleira popular é o do desfase entre o que presupostan e o que finalmente ingresan tomando como exemplo os impostos de auga, sumidoiros e lixo nos que preveían recadar case 15 M€ e, finalmente, cobraron 9.5 M€ polo que habería un defase de 5.4 M€.
· Estes datos fannos pensar que “ou ben minten nas previsións que fan, ou ben non xestionan deixando que moitas persoas non paguen polo que fomentan que haxa cidadáns de primeira e de segunda
· Carballas puntualizaba que hai fórmulas para conseguir os catro millóns que o goberno local dixo que necesitaban ingresar sen ter que subir os impostos aos cidadáns.
· Os populares tamén lamentaron a falta de transparencia por parte do gobeno local que só facilitou a semana pasada o documento da Conta Xeral de 2023 que recibimos porque están obrigados a compartila por lei, e mesmo así, vai fóra de prazo.
CONCLUSIÓN: Esta suba de impostos á cal nos opoñemos vén motivada pola xestión deficiente dos últimos anos dos gobernos socialistas e nacionalistas que gastan máis do que ingresan e impulsan proxectos que non responden as necesidades da veciñanza pero que teñen elevados custes de mantemento.