Festas

O PP expectante polo compromiso adquirido hoxe do bipartito de incluir no programa do San Froilán algunhas das súas achegas

By 4 Setembro, 2023No Comments

• Javier Vázquez recalcou que “o feito de que hoxe nos comunicasen que aceptan algunhas das nosas suxestións para incorporar ao programa non varía o plantexamento que temos no Grupo Municipal do PP de que “este non é o noso San Froilán”

• “Queremos ser prudentes e agardar a que se confirme, na próxima xuntanza do 21 de setembro, que se materiralicen os compromisos adquiridos hoxe e que este cambio de estratexia do bipartito non sexa outra cortiña de fume para aparentar que a participación na Comisión de Festas é real”

• Os populares están preocupados porque “a un mes das patroais non está pechado o programa e apenas hai tempo para deseñar un programa acorde a un dos eventos máis senlleiros da nosa cidade ”

IRREGULARIDADES E ESCASA PROMOCIÓN

• Os populares tamén puxeron de manifesto irregularidades na contratación por parte do bipartito en cuestións como a maquetación, edición e impresión de programas das festas xa que se “prorrogou o contrato á empresa fóra de prazo”

• Para os populares éste é un novo exemplo de falta de previsión e xestión, xa que este tipo de prácticas deberían ser excepcionais e non habituais como pasa no concello de Lugo”

• A empresa solicitou a prórroga do contrato en xaneiro e a concelleira responsable de cultura non emitiu o informe favorable ata xullo o que motiva “que se pague con reparos de legalidade”

• Esta fórmula de traballar repercute de forma negativa na promoción das patronais xa que estamos a un mes e ainda non hai programas, nin se coñece o cartel completo das actuacións.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies