Limpeza

O PP explica que a situación de provisionalidade na que estivo o contrato do lixo que caducou o pasado 31 de marzo de 2017, supuxo que pagásemos con reparos de legalidade ata o momento un total de 28.973.124,47 euros

By 26 Maio, 2022Sin comentarios
O PP lembra que o Concello de Lugo presta numerosos servizos mediante empresas cos contratos caducados e recrimina á alcaldesa que o seu anuncio de que en 12 meses actualizaría e poñería ao día a súa situación foi outro dos seus moitos brindes ao sol

A herdanza dos contratos caducados é unha mostra da falta de xestión que hai no concello de Lugo gobernado desde hai dúas décadas polo PSOE co seu retrouso do BNG aclarando que “o que debería ser unha situación excepcional parece ser a regra en alusión a estes contratos caducados”.
Con respecto ao contrato do lixo os populares piden á alcaldesa “que se poñan aho.ás pilas e axilice a renovación da frota que está obsoleta e cuxos vehículos sofren numerosas avarías o que se traduce en problemas de limpeza e falta de aseo urbano.
Nese sentido desde o PP dubidan que acabe o mandato con esta acción completada. Os populares tamén animan aos veciños de Lugo a reclamar canto antes os cambios de contedores deteriorados agora que “por fin” parece que se vai a adxudicar o novo contrato do lixo.
Desde o PP lembran que desde o goberno local en todas as comisións de suxerencias contestáballe os lucenses de forma automática que “tomaban en consideración a súa petición pero que tiñan que esperar ata que se adxudicase o contrato”. Por tanto desde o Grupo Popular póñenlle deberes ao bigoberno “agora xa non teñen escusas” e lanzan unha advertencia “esperemos que a reposición dos contedores fágase en función da orde de chegada das reclamacións e non só repóñanse os novos recipientes para devolver favores electorais”

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies